O estilo arquitectónico é unha das decisións máis importantes á hora de facer o deseño, e afecta tanto ó aspecto exterior como ó interior, obedecendo ás necesidades das persoas habitantes (función), á estética (forma) e á paisaxe onde se constrúe (clima e materiais).
A arquitectura reflicte os cambios sociais, culturais e tecnolóxicos de cada época. Neste percorrido imos descubrir os estilos máis influentes desde o século XX ata hoxe.
Bauhaus
Ana Moreiras con chat GPT. Recreación estilo Bauhaus(CC BY-SA)
Década de 1920, Alemaña.
Enfoque funcional e minimalista.
Uso de formas xeométricas simples e materiais industriais.
Ana Moreiras con chat GPT. Recreación estilo Brutalismo(CC BY-SA)
Décadas de 1950–1970, internacional.
Predominio do formigón en bruto.
Enfoque en formas xeométricas e masivas.
Deconstrutivismo
Ana Moreiras con chat GPT. Recreación estilo Deconstrutivismo(CC BY-SA)
Desde finais do século XX, internacional.
Fragmentación de formas e distorsión da estrutura.
Deseños complexos e non lineais.
Arquitectura sustentable
Ana Moreiras con chat GPT. Recreación Arquitectura Sustentable(CC BY-SA)
Desde finais do século XX, internacional e contemporáneo.
Integración de sistemas activos de aforro enerxético: enerxía solar, aerotermia, recuperación de augas, etc. (Tecnoloxía para a eficiencia).
Combinación de texturas nos materiais: madeira, aceiro, vidro, formigón... Han de ser materiais reciclados, reciclables ou certificados.
A arquitectura sustentable abrangue moito máis ca eficiencia enerxética: implica tamén impactos sociais, culturais, económicos e ambientais a longo prazo.
Arquitectura bioclimática
Ana Moreiras con chat GPT. Recreación arquitectura Bioclimática(CC BY-SA)
Uso de materiais naturais, reciclables e locais: pedra, barro, madeira...
Integración coa contorna: cores naturais e formas compactas
High Tech (arquitectura dixital)
Ana Moreiras con chat GPT. Recreación arquitectura High Tech(CC BY-SA)
Estética industrial, estruturas á vista..
Edificios intelixentes e automatizados.
Deseño con software avanzado (paramétrico).
A Bauhaus era unha escola que quería ensinar arte, facendo simbiose de pintura, escultura, téxtil, enxeñería e arquitectura. Consideraban que ser experto/a en varias artesanías faríate mellor en todas elas, polo cal na súa escola había formación en diversas artesanías. Principalmente producía artigos comerciais para o fogar e moito deseño gráfico. En arquitectura, a persoa referente foi Walter Gropius. Este estilo expandiuse por todo o mundo despois de que o partido nazi pechase a escola e a súa facultade e os e as estudantes fuxisen por todo o mundo. Tel Aviv ou Chicago son paraísos para moita arquitectura derivada da Bauhaus.
O estilo moderno internacional é unha rama do modernismo que se centrou en tentar atopar un verdadeiro prototipo de edificio obxectivamente útil e belo e que puidese crearse en calquera parte do mundo (de aí o nome). Estaba moi enfocado na planificación espacial e aproveitou os novos avances en materiais e tecnoloxía para unha aparencia radicalmente nova. Mies Van Der Rohe, proveniente da escola Bauhaus, é probablemente o principal impulsor. O groso da súa obra está en Chicago (tivo que fuxir dos nazis). O mercado comercial namorouse del, especialmente debido á flexibilidade e o custo, e a ser tan novo. Unha chea de grandes empresas como SOM xurdiron dos ensinos de Mies e comezaron a producir un gran número de edificios nese estilo para calquera corporación que lles dese a oportunidade, polo que o estilo finalmente pasou de ser unha perspectiva nova e emocionante a algo un tanto corporativo.
Lectura facilitada
O estilo arquitectónico é unha das decisións máis importantes á hora de facer o deseño, e afecta tanto ó aspecto exterior como ó interior. A función que van ter os espazos vai condicionar a forma.
A miúdo existen limiatacións estilísticas impostas polos concellos onde se obra, polo que debe coñecerse a normativa.
Asimesmo, é desexable integrar a vivenda na súa contorna e minimizar tamén o impacto visual da obra.
Construción, clima e paisaxe: un diálogo necesario
A construción mantén, dende sempre, unha relación directa coa paisaxe. Non é unha relación neutra nin accidental, senón un vínculo profundo que se estabelece entre o ser humano e o territorio que habita. Construír é, en esencia, transformar a paisaxe, pero tamén interpretala, respectala e integrarse nela. A arquitectura tradicional de cada lugar é testemuña desta relación, pois nace da necesidade de adaptarse ó medio físico, ó clima, ós materiais dispoñibles e ás formas de vida locais.
A paisaxe condiciona os modos de construción dende múltiples dimensións. O relevo, a vexetación, a climatoloxía ou a dispoñibilidade de recursos marcan as solucións arquitectónicas adoptadas polas comunidades humanas ao longo do tempo. Así, nas zonas áridas de África como os desertos de Kenia, a paisaxe imponse co seu calor extremo e escasa humidade. Alí, as vivendas tradicionais están feitas de adobe, un material composto de terra, area e palla, que permite manter o interior fresco durante o día e conservar a calor durante a noite. Os muros grosos, as fiestras pequenas e os patios interiores responden a unha lóxica climática e cultural moi precisa.
No extremo oposto, en zonas frías como as estepas de Kirguistán, as vivendas tradicionais son as gers (ou yurtas), estruturas desmontables feitas de madeira e feltro, que permiten conservar a calor e ser facilmente transportadas polas comunidades nómades. A paisaxe aberta e ventosa condiciona a súa forma circular e a ausencia de elementos fixos ó chan. A arquitectura, así, dialoga coa mobilidade e co clima.
Nas rexións tropicais e húmidas do sueste asiático, a paisaxe obriga a construír sobre piares para evitar inundacións e favorecer a ventilación. As vivendas en palafitos, como se observan en zonas do delta do Mekong ou en determinadas comunidades amazónicas, adaptan o seu deseño ás crecidas dos ríos e á elevada humidade ambiental. Utilizan madeira lixeira e cubertas moi inclinadas para evacuar a chuvia con rapidez. O contacto cos ciclos naturais determina, en boa medida, a súa configuración.
Ana Moreiras. Palafito delta Mekong, Vietnam(CC BY-SA)
Tamén nas paisaxes de montaña, como os Andes ou o Himalaia, a arquitectura responde á necesidade de aproveitar superficies planas e materiais locais. As vivendas feitas en pedra seca, como as que se atopan en determinadas zonas de Perú ou Nepal, aproveitan a masa térmica para manter a estabilidade térmica interior, mentres que os tellados planos ou lixeiramente inclinados resisten o peso da neve. A adaptación ó desnivel do terreo e á dispoñibilidade de auga tamén son factores determinantes.
En Europa, a relación coa paisaxe adoptou múltiples formas. No norte de Escandinavia, por exemplo, as casas tradicionais teñen tellados a dúas ou máis augas para evacuar a neve, están construídas con madeira de piñeiro ou abeto, e presentan pequenas fiestras para conservar a calor.
Pola contra, na costa mediterránea, como en Grecia, Turquía ou sur de Italia, predominan as vivendas de muros claros, con cubertas planas e materiais como a pedra calcaria ou o adobe encalado, que reflicten o sol e suavizan a calor estival.
Ana Moreiras. Casas de pedra calcaria en Cunda, Turquía(CC BY-SA)
En Galicia, como noutros territorios atlánticos, a vivenda tradicional está marcada polo uso do granito e da lousa, pola orientación para protexerse dos ventos húmidos e pola presenza de elementos como solainas, hórreos ou galerías, que son froito da interacción entre arquitectura e paisaxe cultural.
Con todo, a arquitectura contemporánea afastouse moitas veces desta relación directa co medio, adoptando solucións estándar, desligadas da contorna. Este afastamento tivo consecuencias ambientais, sociais e culturais. Fronte a iso, a arquitectura bioclimática e a bioconstrución recuperan ese vínculo, apostando por deseños que dialogan coa paisaxe, que aproveitan os recursos locais e que respectan os equilibrios naturais.
Elementos construtivos característicos no mundo
Elementos construtivos característicos no mundo
Elemento e Rexión / País
Imaxe
Características destacadas
Engawa, do Xapón
Ana Moreiras con Chat GPT. Engawa, Xapón(CC BY-SA)
Corredor exterior cuberto que rodea a casa. Facilita a ventilación e transición interior-exterior.
Situados nas prazas, filtraban a auga da choiva para uso doméstico.
Palafitos de Asia/ Amazonia
Ana Moreiras con Chat GPT. Palafito de Asia/Amazonia(CC BY-SA)
Casas elevadas sobre postes para evitar enchentes e mellorar a ventilación.
Iglús do Pobo inuit (Ártico)
Ana Moreiras con Chat GPT. Iglú do Pobo inuit(CC BY-SA)
Cúpulas de neve compactada. Illantes e estruturais, usados de forma temporal.
Malta
Ana Moreiras con Chat GPT. Galería Gallarija Malta(CC BY-SA)
Balcóns para ventilar a casa e observar sen ser observada, de orixe árabe. Son de madeira pintada e van sobre mísulas de pedra calcárea.
Identifica a túa paisaxe na ferramenta Mapas de Galicia
Empregando a ferramenta de Mapas de Galicia, localiza a túa vivenda. Despois, xoga coas "Capas" para ver aspectos relativos a hidrografía, relevo, usos do chan...
Ana Moreiras. Ferramenta Mapas de Galicia(CC BY-SA)
Construcións galegas: elementos, tipoloxías e vinculación coa paisaxe
Paisaxe e funcionalidade
Esencialmente, todos os elementos dunha vivenda cómpren unha función, e a súa forma depende desa función. Por exemplo: as casas de mariñeiros da costa atlántica (Rianxo, na zona que se coñece como A Ribeira) a anchura das casas medía "o longo dun remo".
Ademais da función, a paisaxe, tan condicionada polo clima, tamén xenera diferentes vivendas.
O normal é que cada terriorio conte cunha normativa que regule como debe construírse nun espazo. En Galicia temos a Estratexia da Paisaxe de Galicia, unhas medidas encamiñadas a preservar e/ou restaurar os elementos mais característicos das nosas diferentes paisaxes (naturais e urbanas) dende unha perspectiva de uso sostible do territorio.
Considérase que en Galicia existen 12 zonas paisaxísticas. Na web do Instituto de Estudos do Territorio podes acceder á ferramenta de Mapas da paisaxe onde, seleccionando diferentes capas, poderás coñecer a tipoloxía específica da túa zona.
A Xunta de Galicia creou a Guía de Cor e Materiais de Galicia: un conxunto de directrices técnicas para a regulación do emprego da cor e os materiais de revestimentos arquitectónicos nas aldeas, vilas e cidades das doce grandes áreas paisaxísticas de Galicia. Esta Guía está fundamentada sobre unha investigación das características das edificacións tradicionais e orientada a asegurar unhas boas condicións de integración paisaxística. Vexamos o vídeo oficial da Xunta antes de continuar.
Ana Moreiras e Alexandra Pacheco. Revestimento de cunchas de vieira nunha casiña de Cambados(CC BY-SA)
Elementos construtivos tradicionais
Cimentos: a base do muro facíase enchendo unha gabia de suficiente profundidade para soportar o muro, de mamposto en seco, coroándoa posteriormente con laxas formando un plano.
O chan na maioria das casas era de terra ou de lastras. ́
Muros: os de cachotería son os máis comúns, realizados con anacos irregulares de granito ou xisto (pizarra). Existen outros tipos de muros, de bloques paralelepípedos ou cantos rodados entre outros, pero son menos comúns. Tamén existen varios tipos de revestimentos dos muros, desde morteiro de barro ata cunchas de vieira
A bufarda: pequeno oco lineal, vertical ou horizontal, en ocasións enmarcada por pezas de granito. Xeralmente siituada en zonas de cortes ou almacenamento para ventilación.
A xanela acristalada, de aproximadamente 1m de altura, composta por dúas follas que se abren cara ó exterior e acompañada de contraventás de madeira. O muro estréitase ata a altura do alfeizar e en ocasións unhas pezas sobresalientes do muro funcionan como asentos.
Ocos: existen tres tipos de xanela, en función da súa complexidade. O oco máis complexo ten as dimensións dunha porta e componse de dúas follas que abren cara ó exterior ou o interior, aparecendo unha varanda que pode ser metálica ou de madeira.
Cuberta: polo xeral realízanse a dúas augas aínda que tamén se atopan de tres ou catro e dunha auga nas construcións adxectivas. A súa inclinación oscila entre 20° e 40°. A estrutura está formada por armazóns de madeira, unha grosa viga une os vértices dos muros e sobre esta apóianse vigas máis pequenas que parten dos muros laterais e apoian na cimeira. Un establecido que se crava sobre estas vigas é o encargado de soportar a cubrición definitiva de tella ou lousa.
Divisións horizontais: realízanse a base dun armazón de madeira de carballo ou castiñeiro. As vigas poden ir apoiadas os nos muros perimetrais ou asentar sobre o propio muro.
Ana Moreiras. Casa típica da Mariña interior. Cuberta de lousa e muros de xisto(CC BY-SA)
Materiais
O clima determina os materiais que máis van usarse. Mentres na metade sur de España abundan as construcións en pedra calcárea ou adobe, a nosa humidade e metereoloxía adversa propiciou que sempre construísemos en pedra, nomeadamente granito ou xisto.
Ana Moreiras. Casas en cachotería de granito con cuberta de tella, Entrimo(CC BY-SA)
Ana Moreiras. Casa de xisto con cuberta de pizarra. Valdeorras(CC BY-SA)
Debido ás características litográficas de Galicia, tradicionalmente no oeste e suroeste de Galicia obrouse con granito e tella, mentras en oriente é máis frecuente a pizarra tanto nas cubertas (lousa) coma nos muros (xisto):
Ana Moreiras. Distribución aproximada de granito e lousa/xisto(CC BY-SA)
Cubertas
As cubertas (forma do tellado) en Galicia son tradicionalmente a 2 ou 4 augas, repartíndose así:
Ana Moreiras. Distribución aproximada de cubertas en Galicia(CC BY-SA
Distribución de espazos
As primeiras casas das que temos constancia, máis humildes, eran de planta rectangular, cun único espazo onde tiñan lugar todas as funcións da casa: cociña, almacenaxe, dormitorios... posteriormente estas vivendas dunha soa planta pasan a ter dous espazos separados por un muro de madeira ou de mampostería co gallo de separar os animais das persoas.
Co tempo desenvólvese a vivenda tradicional de dúas plantas que aínda podemos atopar nas aldeas galegas. Soen ser vivendas de planta rectangular con diversos anexos. Na planta baixa estaban a cociña, a bodega e lugares de almacenaxe así como a corte dos animais.
Ana Moreiras. Vivenda e espazos anexos en Trabada, Lugo(CC BY-SA)
Era habitual que, para entrar á cociña, se pasara por un espazo onde se gardaban os apeiros de labranza. Ese espazo ten diferentes nomes en Galicia, e, na vivenda da ilustración, coñécese como cabanón (Espazo co portón grande, á dereita da vivenda).
As cortes, cuadras, estrabos, etc, eran lugares fundamentais pois o gando provía de leite, carne, ovos e mesmo calefacción: en moitas casas, a corte estaba na planta baixa, onde a cociña, e sobre ela os cuartos. Na planta baixa tamén era frecuente un pequeno acceso na pedra para a entrada e saída das galiñas no habitáculo da casa, acostumando estar enlazado cun curral ou cercado exterior.
Ana Moreiras. Lareira no Freixo, Sarreaus (Ourense)(CC BY-SA)
Na vivenda tradicional a cociña é o centro do fogar e nela cocíñase, cómese, recíbese ás visitas e búscase a calor do lume. As lareiras tradicionais, nunha época na que non existía nin a televisión, eran lugares de reunión onde os avós e avoas da familia tiñan lugar privilexiado. As lareiras estaban asentadas sobre unhas bases de pedra a un nivel máis alto có chan e onde se facia o lume. ́Encima da lareira e colgado na parede, había un pau moi groso onde se enganchaba a "gramalleira", un soporte do que se colgaban os potes para poñer ó lume. A comida cocíase nun pote de tres pés, de ferro. Na cheminea habia unha especie de campá (cambota ou campota) para que saíse o fume. Baixo dela secaban os chourizos, xamóns ou morcillas.
O forno para cocer o pan para toda a familia atopábase case sempre preto da lareira. As pedras do forno teñen distintos nomes segundo onde están situadas: as do lado do forno chamábanse ucheiras, a de arriba lapeira e a de abaixo braseira, porque debaixo desta era onde quedaba o braseiro despois de quentar o forno. O forno por fóra tiña forma de ferradura, e por dentro forma de bóveda, a miúdo selada con bosta de vaca.
O acceso á planta superior producíase tipicamente por unhas escaleiras situadas nun corredor. No fondo do mesmo, o alpendre e as cortes, se estas non estaban á par da cociña. Na planta superior sitúanse os dormitorios e as zonas de estar. Na familia tradicional respectábanse as xerarquías. Os cuartos do avó e avoa acostumaban estar enriba da corte, pois a calor dos animais mantiña o habitáculo quente.
De haber retrete, este tiña un buraco de madeira: á hora de as persoas faceren as súas necesidades, os restos caían directamente na corte das vacas.
Os pisos eran de madeira e había un cuarto grande que servía de salón ou comedor para o dia da festa. No piso, normalmente, había un roupeiro ou baúl para gardar roupa.
Elementos exteriores
A vivenda tradicional dispón de moitos elementos singulares situados no exterior, como corredores, soportais, solainas e galerías. Algunhas casas tiñan un corredor que daba ó exterior e servía de mirador. Podía ser de pedra ou madeira e acostumaba estar orientado cara ó Leste, aportando calor á casa. Un pouco diferente é o patín, unha escaleira,de pedra adosada a un muro que servía para acceder a un primeirp piso desde o exterior, dado que o baixo se empregaba como bodegas ou cortes.
Ana Moreiras. Galería de madeira, Navia de Suarna(CC BY-SA)
As galerías acristaladas favorecen o aumento da temperatura do aire que comprenden e o quecemento paulatino do masivo muro de pedra que se sitúa posterior a elas. A calor acumulada polo muro é transmitida posteriormente ás estancias interiores grazas á grande inercia térmica producida.
Non deixedes de percibir elementos coma os cerrados das fincas ou predios, que acostuman ser de pedra delimitando a parcela da vivenda familiar.
Espazos de almacenamento
En Ourense e Lugo eran habituais os sequeiros, construcións para secar castañas. Dividíanse nunha zona inferior para almacenar a leña cunha lareira, onde se acende o lume, e unha planta superior na que colocar as castañas para que afumeen e sequen. Ademais, os sequeiros poden empregarse para almacenar as castañas que van ser consumidas durante todo o ano (lembrade que antes da chegada da pataca de América, a castaña tiña outro papel na nosa cultura. A localización dos sequeiros -con frecuencia- é xunto ós ríos, preto das casas ou nos bosques de castiñeiros.
Como almacenamento, o elemento galego máis caractrístico é o hórreo. Sexan de pedra ou de madeira, os hórreos/cabozos/cabeceiros/cabaseiras sucédense polas costas e as montañas de Galicia, cunha clara finalidade agrícola, xa que se utilizan para gardar as colleitas. No seu interior almacénase o millo ou outros cereais. Estas construcións típicas do rural galego elévanse sobre piares cun saínte redondeado, para evitar que entren os animais coma os ratos e o seu interior quede protexido da humidade. A miúdo hai, xunto a eles, pombais.
Ana Moreiras. Palleira con pombal, Ancares(CC BY-SA)
Ana Moreiras. Cabozo e palleira, Trabada(CC BY-SA)
Ana Moreiras. "Cabaseira" de Lira e pombal(CC BY-SA)
Nas catro provincias podemos atopar o típico hórreo galego, o hórreo asturiano e o hórreo de corres. Entre todos eles, os hórreos máis famosos da comunidade miran ó mar en Combarro, crean paisaxes de conto nos Ancares ou compiten en lonxitude como os de Carnota, Lira e Araño.
Lectura facilitada
Elementos construtivos tradicionais
Cimentos: a base do muro facíase enchendo unha gabia de suficiente profundidade para soportar o muro, de mamposto en seco, coroándoa posteriormente con laxas formando un plano.
Chan: na maioría das casas era de terra ou de lastras.
Muros: os de cachotería son os máis comúns, realizados con anacos irregulares de granito ou xisto. Existen outros tipos de muros, de bloques paralelepípedos ou cantos rodados, pero son menos comúns. Tamén hai varios tipos de revestimentos: morteiro de barro, cunchas de vieira, etc.
Ocos:
Bufarda: pequeno oco lineal, vertical ou horizontal, enmarcado por pezas de granito. Situado en zonas de cortes ou almacenamento para ventilación.
Xanela acristalada: aproximadamente 1m de altura, con dúas follas que se abren cara ó exterior e contraventás de madeira. O muro estréitase ata a altura do alfeizar, e ás veces unhas pezas sobresaíntes serven como asentos.
Porta con varanda: oco de dimensións dunha porta, dúas follas que abren cara ó exterior/interior, con varanda metálica ou de madeira.
Cuberta: xeralmente a dúas augas, con estrutura de madeira e cuberta de tella ou lousa.
Divisións horizontais: armazón de madeira de carballo ou castiñeiro.
Distribución de espazos interiores
Inicialmente, as vivendas eran de planta rectangular cun único espazo para todas as funcións. Co tempo, dividíronse para separar os animais das persoas. Desenvolveuse a vivenda de dúas plantas con anexos: na planta baixa estaban a cociña, bodega e cortes; enriba, os dormitorios.
A cociña era o centro do fogar: nela facíase lume na lareira, cocíase en potes de ferro, e secaban embutidos na cheminea. Preto estaba o forno para cocer o pan, feito con pedras específicas e selado con bosta de vaca.
O acceso á planta superior realizábase por escaleiras. Alí situábanse os cuartos e zonas de estar. Os maiores ocupaban os espazos sobre a corte, aproveitando a calor dos animais.
De haber retrete, era un buraco sobre a corte. Os pisos eran de madeira e había un cuarto máis amplo para festas.
Elementos exteriores
As vivendas tiñan corredores exteriores, orientados ó leste para aproveitar o sol. As galerías acristaladas melloran o illamento térmico.
Os peches das fincas eran xeralmente de pedra.
Espazos de almacenamento
En Ourense e Lugo eran frecuentes os sequeiros para secar e gardar castañas. Tiñan unha lareira abaixo e espazo de secado enriba. Podían situarse preto das casas ou no monte.
O hórreo é o elemento máis característico. Elevado sobre piares con saíntes, protexe da humidade e dos roedores. Úsase para gardar millo ou cereais.
Hórreos destacados hai en Combarro, Ancares ou Carnota. Existen tamén cabazos e palleiras como almacenamentos complementarios.
Mapa e características construtivas en Galicia
2
Preme sobre as lupas das 12 zonas paisaxísticas para coñecer as características concretas en canto a materiais e elementos.
{"typeGame":"Mapa","instructions":"","showMinimize":false,"showActiveAreas":false,"author":"","url":"resources/Galicia_PAISAXES.png","authorImage":"","altImage":"","itinerary":{"showClue":false,"clueGame":"","percentageClue":40,"showCodeAccess":false,"codeAccess":"","messageCodeAccess":""},"points":[{"id":"p1740138714239","title":"Galicia Septentrional","type":2,"url":"","video":"","x":0.6395609455723916,"y":0.09428294654031402,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":0,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a1740138714239","pts":[{"id":"p227335504991","title":"","type":0,"url":"","video":"","x":0,"y":0,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":0,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a227335504991","url":"","alt":"","author":"","pts":[]},"slides":[{"id":"s227335504991","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0}],"url":"","alt":"","author":"","active":0},"slides":[{"id":"s1740138714239","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0,"audio":""},{"id":"p1730319827753","title":"Rías Baixas","type":2,"url":"","video":"","x":0.3129480423465852,"y":0.7039917881048999,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":0,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a1730319827753","pts":[{"id":"p826076718083","title":"","type":0,"url":"","video":"","x":0,"y":0,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":0,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a826076718083","url":"","alt":"","author":"","pts":[]},"slides":[{"id":"s826076718083","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0}],"url":"","alt":"","author":"","active":0},"slides":[{"id":"s1730319827753","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0,"audio":""},{"id":"p184688353903","title":"Golfo Ártabro","type":2,"url":"","video":"","x":0.38754481654013356,"y":0.27874896595778975,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":0,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a184688353903","pts":[{"id":"p1740246888279","title":"","type":0,"url":"","video":"","x":0,"y":0,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":0,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a1740246888279","url":"","alt":"","author":"","pts":[]},"slides":[{"id":"s1740246888279","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0}],"url":"","alt":"","author":"","active":0},"slides":[{"id":"s184688353903","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0,"audio":""},{"id":"p688979733069","title":"Galicia Central","type":2,"url":"","video":"","x":0.4520609455723916,"y":0.519525664986916,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":0,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a688979733069","pts":[{"id":"p225909870012","title":"","type":0,"url":"","video":"","x":0,"y":0,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":0,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a225909870012","url":"","alt":"","author":"","pts":[]},"slides":[{"id":"s225909870012","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0}],"url":"","alt":"","author":"","active":0},"slides":[{"id":"s688979733069","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0,"audio":""},{"id":"p41002158353","title":"Chairas e fosas luguesas","type":2,"url":"","video":"","x":0.7000448165401336,"y":0.4399135996994463,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":0,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a41002158353","pts":[{"id":"p1179384291122","title":"","type":0,"url":"","video":"","x":0,"y":0,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":0,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a1179384291122","url":"","alt":"","author":"","pts":[]},"slides":[{"id":"s1179384291122","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0}],"url":"","alt":"","author":"","active":0},"slides":[{"id":"s41002158353","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0,"audio":""},{"id":"p1309684305245","title":"Serras orientais","type":2,"url":"","video":"","x":0.83915771976594,"y":0.33700139314225575,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":0,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a1309684305245","pts":[{"id":"p623168471159","title":"","type":0,"url":"","video":"","x":0,"y":0,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":0,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a623168471159","url":"","alt":"","author":"","pts":[]},"slides":[{"id":"s623168471159","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0}],"url":"","alt":"","author":"","active":0},"slides":[{"id":"s1309684305245","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0,"audio":""},{"id":"p1725584854713","title":"Serras Surorientais","type":2,"url":"","video":"","x":0.808915784282069,"y":0.8729238269398514,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":0,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a1725584854713","pts":[{"id":"p1129973224685","title":"","type":0,"url":"","video":"","x":0,"y":0,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":0,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a1129973224685","url":"","alt":"","author":"","pts":[]},"slides":[{"id":"s1129973224685","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0}],"url":"","alt":"","author":"","active":0},"slides":[{"id":"s1725584854713","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0,"audio":""},{"id":"p666777934057","title":"Chairas, Fosas e Serras Ourensás","type":2,"url":"","video":"","x":0.65165771976594,"y":0.8010791667456766,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":0,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a666777934057","pts":[{"id":"p1017543198636","title":"","type":0,"url":"","video":"","x":0,"y":0,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":0,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a1017543198636","url":"","alt":"","author":"","pts":[]},"slides":[{"id":"s1017543198636","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0}],"url":"","alt":"","author":"","active":0},"slides":[{"id":"s666777934057","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0,"audio":""},{"id":"p1171238478732","title":"Ribeiras Encaixadas do Miño e Sil","type":2,"url":"","video":"","x":0.6274641713788432,"y":0.6923413026680066,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":0,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a1171238478732","pts":[{"id":"p449798783449","title":"","type":0,"url":"","video":"","x":0,"y":0,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":0,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a449798783449","url":"","alt":"","author":"","pts":[]},"slides":[{"id":"s449798783449","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0}],"url":"","alt":"","author":"","active":0},"slides":[{"id":"s1171238478732","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0,"audio":""},{"id":"p1345451362212","title":"Costa Sur - Baixo Miño","type":2,"url":"","video":"","x":0.3633512681530368,"y":0.7700112055806281,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":0,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a1345451362212","pts":[{"id":"p428395548934","title":"","type":0,"url":"","video":"","x":0,"y":0,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":0,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a428395548934","url":"","alt":"","author":"","pts":[]},"slides":[{"id":"s428395548934","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0}],"url":"","alt":"","author":"","active":0},"slides":[{"id":"s1345451362212","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0,"audio":""},{"id":"p1196774099130","title":"Chairas e Fosas Occidentais","type":2,"url":"","video":"","x":0.11536739718529486,"y":0.4127295484820616,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":0,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a1196774099130","pts":[{"id":"p853027708353","title":"","type":0,"url":"","video":"","x":0,"y":0,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":0,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a853027708353","url":"","alt":"","author":"","pts":[]},"slides":[{"id":"s853027708353","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0}],"url":"","alt":"","author":"","active":0},"slides":[{"id":"s1196774099130","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0,"audio":""},{"id":"p1289909253410","title":"A Mariña - Baixo Eo","type":2,"url":"","video":"","x":0.7302867520240045,"y":0.09816590836904582,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":0,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a1289909253410","pts":[{"id":"p1582220800211","title":"","type":0,"url":"","video":"","x":0,"y":0,"x1":0,"y1":0,"footer":"","author":"","alt":"","iVideo":0,"fVideo":0,"eText":"","iconType":0,"question":"","question_audio":"","toolTip":"","link":"","color":"#000000","fontSize":"14","map":{"id":"a1582220800211","url":"","alt":"","author":"","pts":[]},"slides":[{"id":"s1582220800211","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0}],"url":"","alt":"","author":"","active":0},"slides":[{"id":"s1289909253410","title":"","url":"","author":"","alt":"","footer":""}],"activeSlide":0,"audio":""}],"isScorm":0,"textButtonScorm":"Guardar la puntuación","repeatActivity":false,"textAfter":"","evaluation":0,"selectsGame":[{"typeSelect":0,"numberOptions":4,"quextion":"","options":["","","",""],"solution":"","solutionWord":"","percentageShow":35,"msgError":"","msgHit":""}],"isNavigable":true,"showSolution":true,"timeShowSolution":3,"version":2,"percentajeIdentify":100,"percentajeShowQ":100,"percentajeQuestions":100,"autoShow":false,"autoAudio":true,"optionsNumber":0,"evaluationF":false,"evaluationIDF":"","id":"2025630162310-120","order":"","msgs":{"msgSubmit":"Enviar","msgIndicateWord":"Proporcione una palabra o expresión","msgClue":"¡Genial! La pista es:","msgErrors":"Errores","msgHits":"Aciertos","msgScore":"Puntuación","msgMinimize":"Minimizar","msgMaximize":"Maximizar","msgFullScreen":"Pantalla Completa","msgNoImage":"Pregunta sin imágenes","msgSuccesses":"¡Correcto! | ¡Excelente! | ¡Genial! | ¡Muy bien! | ¡Perfecto!","msgFailures":"¡No era eso! | ¡Incorrecto! | ¡No es correcto! | ¡Lo sentimos! | ¡Error!","msgTryAgain":"Necesita al menos un %s% de respuestas correctas para conseguir la información. Vuelva a intentarlo.","msgEndGameScore":"Antes de guardar la puntuación comience la partida.","msgScoreScorm":"La puntuación no se puede guardar porque esta página no forma parte de un paquete SCORM.","msgPoint":"Punto","msgAnswer":"Responder","msgOnlySaveScore":"¡Sólo puede guardar la puntuación una vez!","msgOnlySave":"Sólo puede guardar una vez","msgInformation":"Información","msgYouScore":"Su puntuación","msgOnlySaveAuto":"Su puntuación se guardará después de cada pregunta. Sólo puede jugar una vez.","msgSaveAuto":"Su puntuación se guardará automáticamente después de cada pregunta.","msgSeveralScore":"Puede guardar la puntuación tantas veces como quiera","msgYouLastScore":"La última puntuación guardada es","msgActityComply":"Ya ha realizado esta actividad.","msgPlaySeveralTimes":"Puede realizar esta actividad cuantas veces quiera","msgClose":"Cerrar","msgPoints":"puntos","msgPointsA":"Puntos","msgQuestions":"Preguntas","msgAudio":"Audio","msgAccept":"Aceptar","msgYes":"Sí","msgNo":"No","msgShowAreas":"Mostrar áreas activas","msgShowTest":"Mostrar cuestionario","msgGoActivity":"Pulsa aquí para realizar esta actividad","msgSelectAnswers":"Selecciona las opciones correctas y pulsa sobre el botón 'Responder'.","msgCheksOptions":"Marca todas las opciones en el orden adecuado y pulsa sobre el botón 'Responder'.","msgWriteAnswer":"Escribe la palabra o expresión correcta y pulsa en el botón 'Responder'.","msgIdentify":"Identifica","msgSearch":"Buscar","msgClickOn":"Pulsa sobre","msgReviewContents":"Debes repasar el %s% de los contenidos de la actividad antes de completar el cuestionario.","msgScore10":"¡Todo perfecto! ¡Enhorabuena! ¿Deseas repetir esta actividad?","msgScore4":"No has superado esta prueba. Repasa sus contenidos e inténtalo de nuevo. ¿Deseas repetir la actividad?","msgScore6":"¡Estupendo! Has superado la prueba, pero seguro que lo puedes mejorar. ¿Deseas repetir esta actividad?","msgScore8":"¡Casi perfecto! Aún lo puedes hacer mejor. ¿Deseas repetir esta actividad?","msgNotCorrect":"¡No es correcto! Has pulsado sobre","msgNotCorrect1":"¡No es correcto! Has pulsado sobre","msgNotCorrect2":"y la respuesta correcta es","msgNotCorrect3":"¡Prueba otra vez!","msgAllVisited":"¡Genial! Has visitado los puntos necesarios.","msgCompleteTest":"Puedes completar el cuestionario.","msgPlayStart":"Pulse aquí para empezar","msgSubtitles":"Subtítulos","msgSelectSubtitles":"Selecciona un archivo de subtítulos. Formatos válidos:","msgNumQuestions":"Número de preguntas","msgHome":"Inicio","msgReturn":"Volver","msgCheck":"Comprobar","msgUncompletedActivity":"Actividad no completada","msgSuccessfulActivity":"Actividad superada. Puntuación: %s","msgUnsuccessfulActivity":"Actividad no superada. Puntuación: %s","msgTypeGame":"Mapa"}}
Casas de granito mixto con xisto, a miúdo recebadas con cal, cuberta de lousa ou tella mixta, corredores pechados a barrote (galerías pechadas con barrotes de madeira/metal verticais, diferentes das galerías acristaladas típicas do Golfo Ártabro); nas vilas pesqueiras desta zona abundan pequenos portos pesqueiros con varadoiros de pedra en caladoiros abrigados (Espasante, o Barqueiro, Ortigueira, Cariño) .
Casa mariñeira de granito e cantería fina (as máis modernas, revestidas en cal e/ou pintadas en cores vivos); tellados a dúas augas con tella curva; canto máis ó sur, máis tipicamente balcóns de madeira pintada e galerías acristaladas; preto da costa abundan de pazos e hórreos sobre esteos de pedra.
Pedra granítica clara combinada con galerías de madeira e vidro (casa coruñesa), cubertas de tella curva; na zona, almacéns portuarios, baterías defensivas e cidade xardín de principios do s. XX.
Casa de labranza de cachotaría granítica, lareira central, corte e hórreo contiguos; cubertas de lousa ou tella (tella curva en vales; lousa nas serras de Montes-Candán); grandes pazos barrocos illados no territorio agrogandeiro.
Conxuntos aldeáns dispersos con vivendas de cachote de granito ou xisto, lousa escura, cubertas a 4 augas, patín e soportais; cortellos/pendellos pegados e cabanas de campesiños para gando.
Ana Moreiras. Casa antiga de labranza en Castro de Rey, xisto(CC BY-SA)
Antigamente, pallozas de planta circular/oval (muros de lousa, cuberta de palla de centeo); na actualidade, bloques de pedra seca e corredores de madeira, cubertas maiormente a catros augas, con lousa; adaptación a fortes pendentes e ó rigor climático. Hórreos tipo asturiano, a catro augas.
Vivenda granítica de fortes muros e galerías de madeira, cubertas de lousa a dúas ou catro augas; adegas semisoterradas para viño de altura; núcleos compactos.
Casas de cantería con balcón voado de madeira/metal e galerías acristaladas, cubertas de tella ou lousa; presenza de vivendas termais, pontes medievais e adegas no socalco dos viñedos.
Vivendas encaixadas na ladeira con muros de cachotaría, cubertas de lousa, patín exterior; socalcos de vide cultivada; mosteiros románicos e igrexas-miradoiro dominando o río.
Casco mariñeiro con rúas estreitas, vivenda estreita de cantaría e balcón de madeira, patín; na fronteira, en moitas vilas, redutos defensivos e arquitectura indiana revocada e colorista.
Conxuntos aldeáns trepados en outeiros, pegados en rueiros, con abundancia de hórreos; vivenda de granito rubio e lousa, ocos pequenos, patíns cubertos; abundan cruceiros, muíños de río e tamén cabazos de madeira.
Vivenda mariñeira de cachote revocado, cuberta de lousa, grandes galerías de madeira, palleiras anexas; casas indianas con cores pastel e reixas de ferro fundido.
Su navegador no es compatible con esta herramienta.
Construíndo desde a conciencia
Ana Moreiras con Chat GPT. Consumo enerxético do sector da construción(CC BY-SA)
O sector da construción é responsable dun porcentaxe moi elevado do consumo de enerxía a nivel mundial. Segundo datos do Global Status Report for Buildings and Construction do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA, 2022), o 36% da enerxía final consumida no planeta está relacionada directamente co sector da construción, incluíndo:
O uso de enerxía durante a fase de uso dos edificios (calefacción, refrixeración, iluminación, electrodomésticos...)
O consumo asociado á fabricación de materiais e procesos de construción (a chamada enerxía incorporada).
Ademais, a Construción é responsable de arredor do 37% das emisións globais de CO₂ relacionadas coa enerxía, o que o converte nun dos principais contribuíntes ó cambio climático. Para combater este problema, trabállase en dúas liñas:
Implementar solucións tecnolóxicas de eficiencia enerxética: abastecemento con enerxías alternativas (solar, xeotermia), sistemas automáticos e intelixentes de aforro (domótica e calefacción/refrixeración), investimento en I+D (electrodomésticos clase A), etc.
Construción e rehabilitación seguindo criterios de arquitectura bioclimática: materiais locais (km 0), técnicas pasivas e activas de aforro (ventilación cruzada, mellora do illamento, sombreado en fachadas sur, galerías para acumulación de calor, etc.)
Cada vez están máis presentes as demandas de certificados Passivehaus, como neste exemplo de vivenda en Ames ou no caso que analizamos no ODE 4: Fundación Ser en Navia de Suarna. No bloque seguinte, propoñémosvos que repasedes de forma activa a rehabilitación deste último caso.
Contido transcrito do vídeo No vídeo estamos en Navia de Suarna, na montaña luguesa, na sede da Asociación SER, donde ten vivenda o noso director máis célebre, Oliver Laxe. O que imos coñecer é un complexo que foi restaurado baixo criterios de arquitectura bioclimática, e contamos coa presencia do propio arquitecto, Jorge Duarte. Espazo exterior Por unha parte temos unha edificación que parece que está sen tocar desde fai 50 anos, tal e como se construíu. Renováronselle táboas e pedras, así como o lousado, pero mantén tal cal os seus elementos característicos de patrimonio: patín, balcón, portas e xanelas, etc. Por outra parte, temos un edificio rehabilitado que parte, á súa vez, do cascarón dunha antiga palloza. Nos anos 70 transformouse nunha vivenda de pedra rectangular e déuselle unha planta de ladrillo. A primeira edificación é unha restauración e a segunda unha rehabilitación. Na rehabilitación non temos ningún prexuízo en intervir sobre a edificación e dotala dun novo uso. E para dotala dun novo uso, nas condicións de habitabilidade que se demandan no século XXI, temos que introducir illamento, novas instalacións, novas panos de vidrio, moito máis grandes que os existentes. Na restauración da casa antiga, o chamado "cuarto vello", só reparamos o deteriorado: onde había portas de madeira, mantivamos as portas de madeira. Non se abriu ningún oco novo. Aínda así, remozamos o espazo, mantendo o uso tradicional (cuartos, baño) e engadindo despachos profesionais, unha sala de reunións... Sin embargo, desde o exterior,é o mismo que era. Non hai ningún tipo de ampliación, non hai introducción de novos materiales. É o mismo que era. INTERIOR DA VIVENDA REHABILITADA Neste lugar había unha palloza antiga, de 300 ou 400 anos. Os bisavós de Oliver Laxe refixeron esa estrutura circular e convertírona nunha vivenda rectangular. Conservaron as vigas orixinais que nós, hoxe, mantemos e grazas a esa parede de vidro poden verse (están afuadas e cunha pintura verdosa). cantos e parece unha bonito mantelas, aí fixemos ese vidro para poder destacar precisamente esa vez A vivenda convertiuse nnha planta cuadrada de pedra, na que tiñamos por un lado as cortes e tamén unha cociña que era o centro da casa. Despois engadiuse unha planta arriba toda de ladrillos, moi pouco habitable, onde habían un montón de cuartos, e tamén hai unha palleira que logo veremos. Na casa intentamos recuperar todo aquelo que foi posible, por exemplo, a cociña. A cociña antes estaba ao norte, e nós pasámola ó sur e oeste, convertíndoa no centro da arquitectura climática, no corazón da casa. A nova cociña recibe luz desde a mañá ata a tarde. Mantivemos os mesados de mármore que tiña, conservando a estrutura da cociña de leña, que, nesta zona (Terra Cha e montaña dos Ancares) dispónse en illa. A cociña está aberta ó comedor para poder ampliar a mesa e ter un espazo de comida para toda a xente que asiste a cursos ou congresos aquí, na fundación SER. A parte do edificio que estaba feita en pedra eran muros tradicionais feitos con barro. Restauráronse cun encintado con morteiro mixto de cal, area e un pouco de cemento branco. Este material permite a permeabilidade ó vapor e a un tempo garante estanqueidade, que son dous dos aspectos máis importantes nunha passive house. A estanqueidade ten que impedir perdas de aire, pois con el marcharía o calor. Pero a un tempo, temos que permitir a transpirabilidade do aire, pois en Galicia hai un vapor de agua excesivo que debe eliminarse. Algo moi destacable é a nova galería, un oco grande que abrimos a sur. Se falamos de arquitectura eficiente térmicamente, de arquitectura bioclimática, hai que aproveitar mellor as condicións que nos aporta o clima e a paisaxe. Era importante abrir visión ó bosque, e sobre todo á luz. É esencial buscar o sol, que agora, a través desta galería (na planta baixa e na primeira) permite ter luz toda a tarde. En canto a materiais, intentamos manter todo o que estaba ben (cociña, vigas, muros), pero tamén engadimos solucións modernas como esta gran viga metálica que é o que soporta o voladizo de formigón que soporta a galería. A propia galería tamén é un exemplo de uso de materiais sostibles: empregamos castiñeiro local que, contra a opinión estendida, ten mellores propiedades térmicas que o PVC ou o aluminio e sobre todo é resultado dunha economía circular e con un respeto Aplausos con a sostenibilidade. Esta é unha casa recuperando unha antigua pallaça. Na planta alta podemos ver o oco da antiga porta da palleira, na que se aproveitaba o desnivel para volcar a herba seca desde un camiño superior. Ese oco é hoxe un gran ventanal que dá a norte, onde se creou unha zona de traballo diáfana. Esa zona comunica cun corredor que dá nun ventanal da galería, a sur, permitindo un fluxo de luz transversal. A cada lado dese corredor consérvanse varios cuartos para a xente que asiste ás actividades da fundación SER. A novidade técnica nestes cuartos é que se eliminaron os piares e tabiques de ladrillo, reemprazándoos por muros portantes de madeira. Están elaborados en madeira de contrachapado e a estabilidade ó pandeo consíguese cuns rastreis de 8x4 dispostos cada 60cm. Os tabiques de madeira levan dentro un illamento, proporcionando unha solución esteticamente harmónica e moi eficiente. O exterior da fachada, nesta planta, reforzouse cun illamento de 18cm de XPS e un sistema de illamento térmico exterior (SATE) acabado con a pintura granulada para darle unha maior resistencia. O faiado é un espazo diáfano no que poden durmir ata 20 persoas. A intervención aquí tiña un dobre obxectivo: garantir o illamento e preservar a estética dun faiado tradicional, para o cal se mantiveron as ripias de castiñeiro. Sobre elas, unha barreira de vapor de cor escuro, imitando as lousas. A continuación, 18cm de illamento de lá de roca, e finalmente as tradicionais lousas da serra oriental de Galicia, os Ancares. O corazón da casa en canto a aforro enerxético está na planta baixa, onde se aloxa a maquinaria de intercambio de calor e ventilación forzada. Cando se tomou a decisión de facer Passive House, eliminouse a calefacción que estaba prevista, por chan radiante, para dar paso a un mellor illamento, tanto en cuberta como en paredes como en chan. O esencial pasou a ser garantizar a estanqueidade para evitar as perdas de aire desde o interior á cara exterior, porque non confiar toda a eficiencia energética ao recuperador de calor. O recuperador de calor é unha máquina (silenciosa) que provoca unha renovación automática do aire. O aire entra do exterior, fíltrase, e nunha parte da máquina gana o calor do aire que sae e que vén desde cada habitación por un conduto independente. Ese aire, no interior, quéntase pola propia actividade humana, pola cociña de leña e unha chimenea, e por unha pequena resistencia eléctrica que aporta ata 2º máis. Neste espazo hai, ademais, 2 tanques de auga quente sanitaria, auga que se quenta por aerotermia. Trátase dun sistema oito veces máis eficiente que unha caldeira de gas, baseado nun principio parecido ó da bomba de calor. Na aerotermia refrixérase un espazo para quentar outro, cun funcionamento moi semellante ó da neveira, pero á inversa: refrixeramos o exterior para calefactar o interior. A bomba da aerotermia está no exterior do edificio, nun espazo ventilado.
Cuestionario "O mundo que habitamos"
1. As primeiras cidades medievais galegas destacaban pola súa función...