Saltar la navegación

Sección B: Os/as mediadores/as

 ¿ Quen pode ser mediador/a?

       A primeira cuestión que nos podemos preguntar é se calquera persoa pode mediar. Aínda que sobre isto hai opinións diferentes, pensamos que en principio todo membro da Comunidade Educativa pode chegar a ser un/ha bo/a mediador/a, e seguramente hai alumnado que nos sorprenda, pois pola historia persoal ou cualidades aparentes, en principio, non serían bos/as candidatos/as, pero sen embargo, son valorados positivamente polos/as compañeiros e compañeiras. Tamén podémonos situar no caso de optar a ser candidatos/as a mediadores/as alumnado etiquetado negativamente por grupos de compañeiros/as;  estes, en principio, non serían os/as mellores aspirantes.

       Temos que ter en conta que as destrezas e habilidades necesarias para ser eficaz como mediador/a son condutas susceptible de aprendizaxe. O que si é necesario, e ter ben regulado todo o proceso de selección, pois permitirá  escoller os/as mellores candidatos/as.

        O importante é que os/as aspirantes mostren un desexo de axudar e un compromiso para cooperar na mellora da convivencia,  o demáis é cuestión de entrenamento. Debemos entender, que a mediación é unha ferramenta que axudará aos protagonistas a adquirir unha intelixencia social e emocional, e que polo tanto, é un procedemento que se aprende.