B.2: A selección dos/as mediadores/as

A selección dos/das mediadores/as debe ser un proceso meditado, non se trata de abrir sen máis unha lista de voluntarios/as. En principio, algunhas consideracións a ter en conta serían as seguintes:
- Pensar na cantidade de mediadores/as necesarios en función do tamaño do centro.
- Os/As mediadores/as teñen como rol fundamental o ser estudantes, e polo tanto a actividade de mediar debe ocuparlle un tempo razoable ( que esté de servizo unha vez á semana é suficiente). Así pois, a elección do número é importante para que teñan oportunidades de mediar pero sen restarlles tempo a súa tarefa fundamental no centro.
- Por outra parte, debemos coidar o proceso de selección e posibilitar que todos/as os/as que queiran poidan participar:
- Presentando o programa de mediación por tutorías.
- Dar un tempo para elaborar a lista de candidatos/as.
- Realizar entrevistas individuais para a selección dos/as candidatos/as.
- Solicitar a autorización ás familias dos/as seleccionados/as.
Obra publicada con Licencia Creative Commons Reconocimiento Compartir igual 4.0