Como xa se intúe polo que levamos dito, María Xosé Queizán é unha escritora serodia (o seu primeiro poemario, Metáfora da metáfora, publícao con 52 anos). Aínda así, desenvolveu unha obra moi extensa da que só imos destacar un mangado de títulos.
Narrativa
- A orella no buraco, 1965
- Amantia, 1984
- A semellanza, 1988
- Amor de Tango, 1992
- Ten o seu punto a fresca rosa, 2000
- ¡Sentinela, alerta!, 2022
- Son noxento, 2015
Teatro
- Antígona, forza do sangue, 1989
- A cartuxeira e Neuras, 2008
Poesía
- Metáfora da metáfora, 1991
- Despertar das amantes, 1993
- Fóra de min, 1994
- Cólera, 2007
- Lesbiar, 2015
Ensaio
- A muller en Galicia, 1977
- Recuperemos as mans, 1980
- Escrita da certeza. Por un feminismo optimista, 1995
- Rosalía de Castro e o poder sexual, 2017
- Vivir a galope, 2018
- Despoxos e vísceras ilustres, 2020
Ademais de todo isto, tamén publicou guións cinematográficos, a tradución etc., que lle deron un merecido recoñecemento a través de numerosos premios e mencións. No ano 2011 propúxose como persoa candidata para entrar a formar parte da RAG, cadeira que finalmente ocuparía outra muller, Fina Casalderrey. Foi daquela cando se decatou da súa condición de muller incómoda para o sistema: “Nunca vou entrar na RAG porque non son ben vista”.
María Xosé Queizán foi quen de compaxinar unha vida dedicada á docencia co activismo feminista e coa creación literaria, sempre do lado das causas xustas e da defensa da muller como individuo social, político, cultural... A súa vitalidade e determinación permítelle seguir a traballar arreo na actualidade convencida na defensa dos seus ideais.