PROXECTO MAKER 2: SAIA DE LEDS
DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE: MBOT levará unha saia que se iluminará cando se desprace.
QUE TEN QUE TER? COMO O FAGO?
- Programaremos a MBOT para que se desprace e pare ante un obstáculo.
- Usando unha tea faremos unha saia e incorporaremos os leds RGB coséndoos, estes acenderanse so cando MBOT se desprace.
- Cos kits de lego deseñaremos unha estrutura na que incorporar a saia.
Imos crear unha saia led para mbot.
Esta actividade ten dúas partes, a creativa de deseño, maqueta e realización da parte física da saia e a parte da programación.
Debedes dividir o traballo dentro do equipo para facelo de xeito efectivo e no tempo proposto.