Trivial
Sabedes xogar ao TRIVIAL?
Por equipos imos tentar conseguir os 6 queixiños. Para iso debedes acertar a pregunta de cada cor.
Se acertamos podemos seguir xogando con outra cor pero se non a quenda pasa ao seguinte equipo. O seguinte equipo non pode comezar nunca pola cor que se acaba de xogar a non ser que sexa a última que lle queda por conseguir.
Podes utilizar a plantilla descargable. Ánimo e boa sorte a todos!