Saltar navegación

Medusas

As medusas - augamares

Animal mariño brando e transparente, co corpo xelatinoso en forma de paraugas ou de campá, do que saen varios tentáculos e uns filamentos irritantes que poden ser tóxicos. Existen numerosas especies.

Cos tentáculos atrapan as súas presas inxectándolles o veleno.

As picaduras das medusas son dolorosas, algunhas incluso mortais. As mareas e correntes mariñas poden levalas ata as praias polo que non é recomendable o baño.

Son transparentes e flotan na auga. Desprázanse mediante contraccións rítmicas de todo o corpo, collendo e expulsando auga que lle serve para propulsarse.