Órganos do aparato circulatorio
O aparato circulatorio está formado polo corazón, as vías ou condutos circulatorios e o sangue.
Corazón: é un músculo que se encarga de bombear sangue ao corpo, contraéndose e
dilatándose.
Na sístole, contracción, o corazón vacíase enviando o sangue ao corpo.
Na diástole, o corazón reláxase enchéndose de sangue.
O corazón ten catro ocos: Dúas aurículas polas que entra o sangue e dous ventrículos polos que sae.
Vías ou condutos circulatorios:
Arterias: Son os canles que levan o sangue do corazón a outras partes do corpo. Son tubos musculosos con movementos para desplazar o sangue.
Veas: Son os condutos ou tubos musculosos sen movemento, cunhas válvulas que impiden o retroceso do sangue. Transportan o sangue dende os órganos e tecidos ata o corazón.
Capilares: Son uns condutos ou tubiños moi finos onde se produce o intercambio gaseoso de osíxeno e CO2. Son as conexións entre arterias e veas.
Imprime, recorta e pega a ficha na libreta.
Intenta reproducir o debuxo na túa libreta. Conta os cadradiños para logralo.