Saltar navegación

Circulación sanguínea

Circulación menor

OpenStax College (CC BY-SA)


O circulación sanguínea no corpo humano realízase a través do dous circuítos, un chamado "circulación menor" e outro "circulación maior".

O circuíto correspondente á circulación menor e que vai do corazón aos pulmóns e volve ao corazón. Corresponde á respiración pulmonar, e dicir, o intercambio de O2 por CO2 entre os capilares sanguíneos e os alvéolos pulmonares.

1º-O sangue sae do corazón polo ventrículo dereito,

2º-Trasládase pola arteria pulmonar

3º-Entra nos capilares pulmonares, faise o intercambio gaseoso deixando CO2 e osixenándose.

4º-Pasa á vea pulmonar

5-Entra no corazón pola aurícula esquerda.

Circulación maior

OpenStax College (CC BY)


A circulación maior corresponde ao recorrido do sangue dende o corazón aos órganos e tecidos do corpo. Transporta ás células o osíxeno e os nutrientes. Faise o intercambio de gases celular, recolle o CO2 e as sustancias de refugallo para regresar ao corazón.

1º-Sae do ventrículo esquerdo do corazón

2º-Pasa pola arteria aorta para desprazarse aos órganos e tecidos do corpo

3-Chega ata os capilares sanguíneos que rodean as células dos órganos e tecidos. Realízase o intercambio gaseoso e aporte de nutrientes.  Recóllese CO2 e restos da oxidación celular.

4º-Regresa ata o corazón por a vea correspondente

5º-Chega ao corazón pola vea cava

6º-Entra no corazón pola aurícula dereita, rematando o circuíto maior da circulación maior.