Saltar navegación

Saúde do aparello dixestivo

Enfermidades e alteracións do aparello dixestivo

Carie: Abusar do consumo de alimentos ricos en azucar e un aseo incorrecto dos dentes seguramente producirá unha carie.
Úlceras de estómago: Abuso de alcohol e de comidas excesivamente contaminadas pode atacar as mucosas do estómago causando feridas ou úlceras.
Intoxicacións alimentarias: a inxestión de alimentos en mal estado ou crúos mal lavados pode crear gastroenterite e diarreas.
Estrinximento: Unha persoa estrinxida ten retardos anormales ou dificultades na defecación, seguramente debidos a dietas alimentarias incorrectas.
Celíaquía: Anomalía do sistema dixestivo que non permite os alimentos con glute (proteína presente na fariña de trigo, avea, centeo,...)
Intolerancias ou alerxias a certos alimentos: Hai persoas que o seu corpo non tolera a inxesta de lactosa (leite), ovo, cebola...
Apendicite: Inflamación do apéndice, que precisa de  intervención cirúrxica
Diabete: É debida a que o corpo ten demasiado azucre en sangue. Probablemente  o páncreas non produce a insulina suficiente para regular o azucre ou o corpo non sabe empregar a insulina  correctamente. Unha persoa que sufra diabete deberá controlar o consumo de azucre dun xeito moi estricto.
Imaxes: Sergio Palau. http://www.arasaac.org

Coidamos o aparato dixestivo

Segue unha dieta alimentaria equilibrada. Intenta repartir a toma de alimentos varias veces no día. Os alimentos debemos de mastigalos ben antes de tragalos.
Procura non comer alimentos moi condimentados nin tomar bebidas alcohólicas. Coidado coa deshidratación. Bebe ata dous litros de auga diarios. O corpo, e sobre todo os riles, agradeceráncho.
Lava os alimentos antes de consumilos. Froitas e verduras especialmente. Lava as máns para comer ou servir alimentos. De nada serve lavar as verduras se ti non te lavas.
Lava os dentes despois de cada comida. Evitarás sufrir carie dental.

Fai deporte. O exercicio físico contribuirá a manterte nun peso adecuado.

Descansa e durme as horas necesarias.

Despois de comer garda reposo.

Descansa e durme as horas necesarias.

Acude ao teu centro de saúde para consultar calquer problema dixestivo.

Imaxes: Sergio Palau. http://www.arasaac.org