dixestión: procesamos os alimentos no estómago e no intestino para a aproveitar os nutrientes
absorción: no intestino pasan os nutrientes ao sangue
defecación: expulsamos os restos de alimentos non aproveitados
Segundo os alimentos van transitando, vanse axercer unha serie de accións mecánicas e químicas que os transformarán para facilitar a súa absorción e aproveitamento.
Accións mecánicas como a mastigación e trituración dos alimentos na boca, ou os movementos das paredes do esófago, estómago e intestinos para obrigar o desprazamento dos nutrientes.
Accións químicas como os ataques dos distintos zumes para degradar os alimentos.
Zumes dixestivos:
Saliva: Segregada na boca polas glándulas salivares. Xunto co alimento triturado forma o bolo alimenticio.
Ácidos e zumes gástricos: Segregados polo estómago. Descompoñen principalmente as proteínas. Tansforman o alimento nunha sustancia chamada quimo.
Zume pancreático: Fai posible a dixestión dos azúcres. Elabórao o páncreas e incorpórase aos nutrientes tan pronto como pasan ao intestino delgado.
Bile: É producido polo fígado e intervén actuando sobre as graxas, nada máis chegar ao intestino delgado.
Zumes intestinais: O intestino delgado tamén segrega zumes que facilitan e colaboran na dixestión, absorción e tránsito do quimo ao intestino groso.