Xordeira, otite, vértigo,...
Apuntamos algúns dos problemas que pode ter o sentido do oído:
|
Xordeira: é a pérdida da capacidade de oir total ou parcialmente. Pode ser debida a un golpe, a estar expostos a ruídos moi intensos durante moito tempo, a medicamentos que danaron o nervio auditivo, infeccións internas mal curadas,... O xordeira pode ser un defecto hereditario. |
![]() |
|
Otite:Inflamación no oído externo ou no medio. A inflamación do oído medio é normalmente producida por bacterias que chegan ao oído dende a larinxe a través da trompa de Eustaquio. Un catarro pode dar lugar a unha otite dado que os virus que causaron o resfriado poden chegar ata o oído a través da trompa de Eustaquio e afectar ao tímpano e posteriormente ao oido externo. Pode provocar un dolor intenso dos oídos. |
![]() |
|
Vértixe: soe producirse por unha infección no oído interno, dado que os canais semicirculares son os encargados de informar do equilibrio ao cerebro. Cando sufren vértixe, as persoas senten que o mundo xira ao seu redor e temen perder o equilibrio. |
![]() |
|
Cerume: A pel do conduto auditivo externo ten unhas glándulas que segregan unha sustancia viscosa que protexe o oído de po, insectos, bacterias ou infeccións. A acumulación indebida de cerume ou a presencia deste no tímpano pode afectar á audición. O cerume pode crear un tapón que afectará seriamente a percepción de sons. |
|


