Como se pruduce a audición
O proceso da audición podemos dividilo en varias fases:
| 1ª.- As ondas sonoras que están no espazo son recollidas pola orella ou pavillón auditivo, e conducidas a través do conduto auditivo externo ata facer vibrar o tímpano. | ![]() |
| 2ª.- O tímpano é como unha membrana dun tambor que ao vibrar move a cadea de osiños que hai no oído medío. O último dos osiños da cadea está unido ao caracol mediante unha ventaniña. | ![]() |
| 3ª.- O caracol recibe os impulsos da cadea de osiños, provocando que se movan no seu interior unhas fibras que estimulan o nervio auditivo pegado ao caracol. | ![]() |
| 4º.-O nervio transforma as estimulacións en impulsos nerviosos, que chegan ata o cerebro e son interpretados como sons. | ![]() |
Co sentido do oído percibimos sons agudos, medios ou graves. Sons cortos ou de larga duración. Cunha intensidade forte ou frouxa. Os sons pódennos indicar a distancia aproximada do emisor dos ruídos.
Algunhas veces o sentido do oído precisa do sentido da vista: non somos capaces de entender o que escoitamos se non vemos que ou quen produce o son.



