Modelo Ranking
Este modelo ten moitas cousas positivas no noso entorno da escola, xa que permite a todos xogar sempre o mesmo número de partidos e con este modelo remátase a competición estando cada un participando contra os nenos dun nivel moi similar.
O formato que ten esta competición é de ascensor; subir, manterse e baixar en cada xornada.
CARACTERÍSTICAS
- Os enfrentamentos sempre son entre tres nenos ou tres equipos.
- Dous enfréntase e un arbitra.
- Tras rematar os tres enfrentamentos faise a clasificación.
- O primeiro sube de nivel o segundo mantense e o terceiro baixa de nivel.
Excepción: No primeiro nivel o primeiro e segundo clasificado mantéñense.
No último nivel o segundo e terceiro clasificado mantéñense.
Agora neste enlace tendes unha táboa para montar vós, a vosa propia competición Modelo Ranking