Modelo Copa
Trátase dun modelo de competición que podemos facer uso del, cando temos pouco tempo, ben sexa para facer dentro dunha sesión de EF ou se queremos facela nun período corto de días. Todo vai depender do tipo de deporte que propoñamos e o espazo (número de campos) do que dispoñenos.
Este tipo de competición suele facerse cun número de equipos ou participantes que sigan a serie 4, 8, 16, 32, 64 , etc...
Agora neste enlace tendes unha táboa para montar vós a vosa propia competición. Modelo Copa
A táboa consta dun primeiro modelo e dun segundo que nos leva a seguir competindo os que quedaron eliminados na primeira ronda.
Esta táboa poderíase seguir ampliando cos que van quedando en cada enfrentamento para que todos xoguen o mesmo número de partidos.