Saltar navegación

Valores da FC

Precoñecemento

Na Frecuencia Cardíaca os  valores normais varían considerablemente dun adulto a un neno.

De feito canto máis pequeno se é, o noso corazón latexa máis rápido, e este latexo vai enletecendo a medida que  medramos.

A medición destes valores tómanse coa FC basal.

IDADE ETAPA ESCOLAR Nº DE LATEXOS
3-4 ANOS EDUCACIÓN INFANTIL 80-120 latexos/min.
5-6 ANOS EDUCACIÓN INFANTIL-PRIMEIRO 70-115 latexos/min
7-9 ANOS SEGUNDO-CUARTO 70-110 latexos/min
10 a ADULTOS QUINTO EN ADIANTE 60-100 latexos/min

DEPORTISTAS BEN ADESTRADOS

40-60 latexos/min

Datos extraídos de. Xunta de Galicia. 2015. Procedementos de enfermería. Lic (CC BY-NC-SA 4.0)

En función deses valores podémonos atopar con alteracións na  FC que reciben o nome de :

BRADICARDIAS: Cando o nos latexo está por  debaixo dos valores normais da nosa idade.         

                                   No caso dos nenos sería por 60 latexos/min.

 

TAQUICARDIAS: Cando o noso latexo está por  riba dos valores normais da nosa idade.

                                   No caso dos nenos  sería por  110 latexos/min.