Saltar navegación

Actividade

Medimos a Frecuencia Cardíaca

Por parellas efectuamos a actividade do vídeo.

Material necesario:

1- Reloxo con cronómetro ou agulla de segundos.

2- Folla de rexistro que contemple o nome e apelido dos dous, e 4 rexistros por alumno.

Actividade:

1- Un marca o tempo e o outro mídese a si mesmo.

2- Un neno localízalle o latexo ao compañeiro e este leva o tempo.

3- O compañeiro totalmente pasivo coloca o brazo e o outro localízalle o latexo e máis leva o tempo.

4- Cada un mídese a si mesmo.

Nota: Facemos a medición do tempo ben en 15" ou 30" .

Actividade en grupos ou parellas

En colaboración cun compañeiro e basándovos no primeiro vídeo, localizade o voso latexo nunha das arterias citadas no debuxo da páxina anterior e medide a vosa FC.