Obxectivos
Neste tema imos coñecer como debemos actuar da maneira máis eficiente e correcta para axudar a un compañeiro ou vítima coa que nos podemos atopar na aula, patio ou mesmo fóra do colexio. Así mesmo coñeceremos como podemos facer uso do botiquín e discriminar entre os tipos de lesións ou accidentes máis comúns que poden ocorrer.