Saltar navegación

ACCIDENTES MÁIS COMÚNS

Accidentes habituais
   Pencho Campos. Clasificación accidentes  (CC.BY-NC-SA)

1- FERIDAS: Lesión normalmente sangante que se produce nalgunha parte do corpo.

2- CONTUSIÓNS: Dano que se produce nalgunha parte do corpo a causa dun golpe que non xera ferida exterior.

3- ESCORDADURAS: Lesión que afecta aos ligamentos (tecido que conecta os ósos para limitar e dirixir o seu movemento).

4- PICADURAS: Ferida de pequenas dimensións que se produce polo aguillón, a mordedura ou o contacto cun animal.

5- EPISTAXIS: Sangar polo nariz.

6: FRACTURAS: Rotura total ou parcial dun óso.