Os países nórdicos (Suecia, Finlandia, Noruega, Dinamarca) teñen sona de seren dos países máis avanzados na conciliación da vida laboral e familiar. Para gravar Conciliación, o equipo de Salvados desprazouse a Suecia e contactou con David Pallarès. David naceu en Barcelona, pero leva máis de quince anos afincado en Suecia, onde naceron os seus dous fillos. O documental emitiuse o 10 de marzo de 2016.
Unidade 9. Mudando a pel: a práctica da igualdade.
Videofórum: Conciliación
Reflexión
- Fai un resumo das medidas de conciliación que se recollen na entrevista a David. Atende a estes aspectos:
- Servizos públicos.
- Horarios laborais.
- Prestacións sociais.
- Permisos de parternidade/maternidade.


- O estado sueco paga 140€ por mes por filla/o até os oitos anos? Que finalidade ten esta medida
- É Suecia unha sociedade paritaria? Está en camiño de selo?
- Que medidas está poñendo en marcha o goberno sueco para conseguir que se repartan de xeito equitativo os permisos de paternidade e maternidade? Con que finalidade?
- Segundo David, a sociedade sueca baséase na responsabilidade persoal. Cada persoa responsabilízase de organizar os seus horarios. Esta flexibilidade pode ser unha solución para conciliar vida laboral e familiar?
- Ser pai cambiou o concepto de paternidade que David tiña antes de selo. Pensas que a repartición equitativa do permiso axudoulle a entender mellor o papel tradicional das mulleres como coidadoras?
- É David un exemplo das novas masculinidades?
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0