Achegámonos ao final de curso. Seguramente sodes xa expertas e expertos en igualdade de xénero. Propoñémosvos que fabriquedes o “Trivial da igualdade” e organicedes un campionato de trivial nos recreos:
- Formade grupos de entre catro e seis persoas.
- O primeiriño é elaborardes un taboleiro de xogo, Tedes varias alternativas:
- Empregar un taboleiro de Trivial Pursuit vello que teñades a man.
- Existen aplicacións informáticas para personalizar un xogo de trivial, aínda que teñen certa complexidade. A profesora Geles Fernández Santafé elaborou este modelo para editar a través da aplicación Genially.
- Deseñardes vos o taboleiro. Seguro que vos axuda o/a profesor/a de Plástica. Seguide a estrutura dun taboleiro de Trivial e adornádeo con ilustracións alusivas á igualdade. En internet atoparedes tamén modelos, e tamén modelos para as tarxetas.
. Trivial Pursuit (CC BY-NC-SA)
- Toca pensardes as preguntas. Como ben sabedes, o xogo clásico do Trivial ten seis temas. Propoñémosche esta agrupación en seis temas dos contidos da materia, aínda que se queres podes realizar outro agrupamento que che veña mellor:
- A organización das sociedades: sociedades patriarcais, matriarcais, etc
- Os feminismos: historia, figuras e asociacións feministas.
- Mulleres relevantes.
- Roles, estereotipos e identidades de xénero.
- Recursos para o fomento da igualdade: políticas sociais, accións positivas, linguaxe inclusiva, recursos contra a violencia de xénero.
- Afectos e sexualidade.
- Propoñede preguntas para todos os temas. Seredes capaces a elaborar, como mínimo, vinte e cinco tarxetas con preguntas xeitosas?
- Elaborade carteis e folletos para publicitar o campionato de trivial. A biblioteca do centro pode ser un bo lugar para desenvolvelo. Que gañe o mellor!
- Os criterios de avaliación serán os seguintes:
- Contido das preguntas: 4 puntos.
- Impacto sobre a comunidade educativa: 2 puntos.
- Capacidade de traballo en equipo: 2 puntos.
- Calidade estética e operativa do produto final: 2 puntos.