Saltar navegación

Lectura 2: Entrevista a Cristina Palacios

 

Cristina Palacios é a nai de Sara, a primeira nena transexual galega en lograr o cambio legal de nome. Actualmente preside a Asociación Arelas e foi coautora do Protocolo de Identidade de Xénero no ámbito educativo editado pola Xunta de Galicia.

Le o texto e traballa coas preguntas que se che propoñen embaixo. Se desexas ler a entrevista completa, pica nesta hiperligazón:

“Cando naceu a nosa filla Sara, apenas sabiamos cousas da transexualidade.
Acumulabamos ideas vagas procedentes da televisión: asociabámola co travestismo, a noite, a farándula... Pero non sabiamos moito máis.
Por iso, cando a nosa pequena Sara –que entón se chamaba Hugo– empezou a probarse a miña roupa, pensamos que sería algo temporal, que probablemente só trataba de imitarme. Entón tiña un ano e medio.
Entre as nosas amizades, a xente tampouco sabía moito. Cando explicabamos que ao regresar da gardería Sara colocábase unha toalla coma se fose unha melena, dicíannos que probablemente fose gai. Entón descoñeciamos a diferenza entre a identidade sexual e a orientación sexual, pero agora sabemos que non é o mesmo.
Comezamos a ter unha idea máis clara do que ocorría cara aos tres anos, cando Sara empezou a nomearse. Por exemplo, despois de lerlle un conto –sempre nos pedía que a protagonista fose feminina- dicíanos cousas como: «Cando de maior sexa unha moza...».
A partir de entón, vendo que aquilo ía a máis, empezamos a recompilar información. Tras consultar en asociacións e na internet, decidimos que Sara debía expresarse libremente. Para todos os efectos, asumimos que era unha moza e en ningún momento fixémoslle ver o contrario.
Desa etapa temos recordos preciosos, como cando nola atopabamos imitando a Shakira e Beyoncé diante dun espello. Ao atopala así, feliz, entrábanos a risa. Ademais, dábaselle realmente ben...
Aos cinco ou seis anos chegaron os primeiros síntomas de conflito: xa non quería levar bonecas ao colexio, esaxeraba os xestos masculinos, escondía os seus xoguetes cando tiñamos visita... Aos seis anos, un día chegou do colexio e preguntounos: «Que é un maricón?» Durante todo o ano, os insultárona. E ela converteuse nunha persoa máis triste, menos espontánea.
A pesar de que en casa atopaba a liberdade para facer o que quixese, no colexio víase empuxada a ocultar a súa realidade. Lidar con iso supón unha carga moi pesada e un conflito xigantesco para unha nena de seis anos. Pero seguía tendo as cousas claras: «Todas as mañás levántome pensando en como sería vivir como unha nena», dicíanos. Nese momento imponse a necesidade de realizar o tránsito social (…)
Tendo unha filla trans, é duro saber que o 83% das persoas adultas trans pensaron algunha vez no suicidio. Sara agora ten 8 anos e vai aos campamentos, fai deporte, ten o seu grupo de amigas e amigos... Divírtese cantando como Shakira e como Beyoncé. Agora é feliz, e debería selo sempre. Entre todas e todos temos a obriga de cambiar as cousas (…)””

  1. Por que cres que a familia de Sara asociaba a transexualidade coa noite e a farándula? Que imaxe ofrecen os medios das persoas transexuais?
  2. Cara aos seis anos Sara inicia o tránsito social. Sabes en que consiste? Que sentimentos e pensamentos pensas que pode experimentar unha persoa que está a realizar o tránsito?
  3. Por que cres que é tan importante o feito de poder cambiar o nome e que este figure en todos os documentos legais da persoa transexual?
  4. Os datos sobre suicidio dos que fala Cristina Palacios son alarmantes. A que cres que se debe que tantas persoas transexuais pensen no suicidio nalgún momento das súas vidas?
  5. Cristina di que «entre todas e todos temos a obriga de cambiar as cousas». Pero, como conseguilo? Pensa nalgunha proposta (a nivel social ou individual) que poda contribuír a lograr este cambio.