Vexamos O soño imposíbel, unha curtametraxe de animación que a Organización de Nacións Unidas encargou ao cineasta checo Dagmar Doubková en 1983. Nela amósanse situacións cotiás ás que se enfrontaban as mulleres de hai corenta anos.
A curtametraxe é unha sátira sobre a corresponsabilidadeno traballo doméstico. Cando rematedes podedes iniciar un diálogo en base ás preguntas que tedes embaixo:
Unidade 2. As mulleres na sociedade: unha historia de invisibilización
Videofórum: O soño imposíbel
Reflexión
- Como podes ver, a curta ten uns cantos anos. Pensas que perdeu actualidade ou o que conta segue a estar vixente hoxe en día? Por que?
- Como se comportan o fillo e a filla na curtametraxe? De que depende que adquiran eses roles diferenciados?
- A curtametraxe amosa que a muller e o home reciben un salario desigual. Este é un tema que causa moita controversia. Que credes que se intenta expresar cando se di que as mulleres cobran menos que os homes polo mesmo traballo?
- Un dos momentos que causan máis sorpresa no espectador/a é ver a reacción da muller cando observa a vida das mulleres en África. Por que?
- No soño que teñen ao final do vídeo ambos cooperan nas tarefas domésticas e no coidado das/os filla/os. Mellora isto a súa vida?
- A curta titúlase “O soño imposíbel?” Como se pode facer realidade?
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0