O escritor Eduardo Galeano publicou en 2008 Espellos. Unha historia case universal. Nesta obra fai un repaso moi persoal sobre algúns capítulos da historia. Na peza “Asasinos de pés” reflexiona sobre o costume chinés dos pés de loto:
“Durante máis de mil anos até ben entrado o século XX, as normas de beleza prohibiron que o pé feminino crecese. En China escribiuse, no século IX, a primeira versión da Cincenta, onde cobrou forma literaria a obsesión masculina polo pé feminino diminuto. Ao mesmo tempo, ano máis ano menos, impúxose o costume de vendar desde a infancia os pés das fillas.
Non só por un ideal estético, ademais os pés atados ataban eran un escudo da virtude. Impedindo que as mulleres se movesen libremente, evitaban que algunha escapada indecente puidese poñer en perigo a honra da familia.”
- Os pés de loto deformaban os pés das mulleres até o punto de lles impedir andar. En que consiste esta práctica? Que perseguía?
- O texto fala do conto clásico da Cincenta. Que relación hai entre a vendaxe de pés en China e a Cincenta?
- Ocórrenseche outros contos populares que falen de estereotipos de beleza femininos?
- Ocórrenseche outras formas de control social da muller a través dos canons de beleza?