Para iniciarse nesta andaina, hai unha ampla variedade de actividades que poden levarse a cabo.

Parece interesante destacar aquelas que permitan facer unha composición de lugar, descubrir o punto no que nos atopamos, os intereses da nosa comunidade educativa ou as nosas expectativas.

Deste xeito, podería ser oportuno a realización dunha enquisa dentro do noso centro que nos permitira coñecer os intereses na materia, tanto de docentes como de familias e alumnado, sacar á luz ideas preconcibidas, prexuízos, etc.

Neste sentido, outro tipo de actividades de menor escala ou de maior concreción poderían ser:

  • DAFO (Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades)
    DAFO
  • KPSI (Knowledge and Prior Study Inventory)
    KPSI
  • KWL (I Know, I Want to know, I Learned).
    KWL

Animámosvos a realizar calquera destas opcións e, ademais, propoñemos como actividade a realizar neste bloque a Creación dun Glosario que enriqueza esta Aula Virtual. Entendemos que, neste momento inicial, xorden infinidade de dúbidas sobre termos que xa se repetiron varias veces no pouco camiño que levamos andado e que, sen dúbida, seguirán a aparecer ao longo desta Guía. Deste xeito, construirase conxuntamente un glosario que nos axude a todos a comprender do que estamos a falar.

Última modificación: luns, 13 de decembro de 2021, 9:02 PM