2.1.- Arquitectura do centro. Plan de nova arquitectura pedagóxica

No apartado de Información deste bloque da Guía xa nos achegamos ao Plan de nova arquitectura pedagóxica presentado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade no curso 2020-2021 e que se pode consultar nesta ligazón.

No seguinte interactivo destácanse algúns do principais puntos expostos no Plan:


Máis en detalle, proponse traballar nas seguintes vertentes:

      • Encaixe no espazo urbano: Parcela, accesos, volume.
      • Exterior: Fachadas, ventás, cubertas, peches perimetrais.
      • Espazos de socialización: Patios cubertos, pistas multideporte.
      • Interior (benestar): Orientacións para novos centros e ampliacións/reformas, luz, acústica, mobiliario, ventilación.
      • Polos creativos (Espazos Maker): Integración en todos os centros, materiais.
      • Eficiencia enerxética: Centrais biomasa.
      • Orientacións da nova arquitectura para EEI, CEIP e IES.

Vostede completou o 100% da lección
100%