A percepción da arquitectura
Xeración de percepcións
A xeración destas atmosferas non sae da nada, senón que require dun procedemento, duns intereses, duns instrumentos e dunhas ferramentas. Neste sentido, podemos ver a continuación, os puntos destacados por tres autores diferentes, relacionados coa xeración de percepcións da arquitectura:
| Peter Zumthor (2006). Atmosferas | Steen Eiler Rasmussen (1957). A experiencia da arquitectura. | Steven Holl (2011). Zonas fenoménicas |
|---|---|---|
|
|
|
Se observamos estes tres exemplos, podemos apreciar rapidamente que a vista non é o único sentido a activar na percepción da arquitectura. Non se trata unicamente de estimular a nosa visión e moito menos a visión central, senón que deberá terse en conta a visión periférica, o tacto, o oído… todo o conxunto do noso sistema sensorial para producir unha experiencia significativa.
Incluso Pallasmaa (2005) chegaba a dicir que a vista é o sentido que nos separa do mundo, mentres que o resto dos sentidos nos unen a el. Segundo o arquitecto finés, contemplamos, tocamos, escoitamos e medimos o mundo con toda a nosa existencia corporal; e o mundo experiencial pasa a organizarse e articularse arredor do noso corpo, atopándonos en constante diálogo e interacción coa contorna. Nesa mesma liña, o antropólogo Edward T. Hall (1966) recalcaba que a información recibida polos receptores de distancia (ollos, oídos e nariz) ten un papel tan importante na nosa vida diaria que a poucas persoas se lles ocorre pensar que a pel sexa un órgano principal dos sentidos, fundamental para a propia supervivencia do ser humano.