Atmosferas

Peter Zumthor (2006) emprega o termo “atmosfera” como sinónimo de calidade arquitectónica. Do mesmo xeito que cando vemos a unha persoa por primeira vez, cando entramos nun edificio, vemos un espazo e percibimos unha atmosfera case instantaneamente. Zumthor refírese a ela como esa sensibilidade emocional e percepción que funciona rapidamente e que todo ser humano ten para sobrevivir. E, inevitablemente, as contornas arquitectónicas xeran atmosferas e, en función de como sexan estas, animarannos a vivir o espazo ou incomodarannos sobre maneira.

Museo Kolumba

Museo Kolumba (Colonia) deseñado por Peter Zumthor

Como exemplo, o arquitecto suízo fala de que os corredores dun hospital conducen á xente, pero tamén a poden seducir deixándoa libre, permitíndolle pasear pausadamente. Así, este tipo de experiencias forman parte do que as arquitectas e arquitectos poden facer. Pódese conducir, inducir, deixar solto ou solta e dar liberdade; sendo, precisamente, esa liberdade para pasear, coma nunha viaxe de descubrimentos, parte do que o autor destaca das atmosferas. Do mesmo xeito, as contornas de aprendizaxe non deben ser “corredores” ríxidos unicamente pensados para conducir ao alumando, senón que deben seducilo, deixándoo coa liberdade suficiente para atopar o seu camiño, ritmo e descubrimentos propios.

Corredores

Galería aspillerada. Fortaleza de La Mola (Menorca)

Vostede completou o 0% da lección
0%