Flipped Classroom

A aula invertida ou Flipped Classroom, como o seu propio nome indica, modifica e inverte o modelo de ensinanza tradicional, levando fóra da clase os contidos de aprendizaxe e deixando a consolidación e a faceta máis práctica para o tempo de clase. Deste xeito:

      • Na casa, o alumnado visualiza e achégase aos contidos, ao seu ritmo (vídeos, lecturas, etc.).
      • Na aula, o proceso de aprendizaxe vese consolidado co profesor como guía e mediante actividades prácticas e significativas.

Polo tanto, de novo, o profesorado convértese en guía e facilitador do proceso de ensinanza aprendizaxe, mentres o alumnado é o protagonista. Como docentes, deberemos elaborar o itinerario, xerar e publicar o material de consulta para o alumnado durante o tempo na casa (ou curar contido existente) e deseñar as actividades da aula relacionándoas cos contidos vistos fóra dela. Así, a secuencia sería:

  1. Creación, curación e publicación de contidos por parte do profesorado.
  2. O alumnado revisa, mira, le, escoita... os contidos antes da clase.
  3. O tempo da clase dedícase a actividades prácticas e de orde superior que permitan consolidar a aprendizaxe. O alumnado recibirá toda a axuda e apoio preciso por parte do profesorado ou de iguais.
  4. Posteriormente, o alumnado poderá repasar ou ampliar os contidos consolidados.

No seguinte interactivo poderedes clasificar diferentes accións levadas a cabo polo alumnado segundo o momento e lugar onde se realizarían coa aula invertida:



Por último, destacar que o desenvolvemento tecnolóxico, a aparición de novas tecnoloxías e un maior acceso ás TIC permiten levar a cabo esta metodoloxía.

Vostede completou o 100% da lección
100%