As metodoloxías e a súa implementación
Requisitos do completado
Aprendizaxe Baseada en Proxectos (ABP)
A través da ABP o alumnado desenvolve un proceso de investigación, deseño e creación para dar resposta a unha pregunta, un problema ou un produto.
Na ABP incorpóranse e trabállanse:
- A comunicación.
- O traballo colaborativo.
- O pensamento crítico.
- As novas tecnoloxías e as TIC.
Na ABP o profesorado terá un rol de guía ou facilitador do proceso e o alumnado será o protagonista, desenvolvendo a súa autonomía e aumentando a súa motivación, creatividade e espírito emprendedor. O profesorado deberá asegurar un deseño coidado e fundamento do escenario de aprendizaxe e facilitar ao alumnado as ferramentas precisas que garantan en todo momento o correcto desenvolvemento das competencias.
No seguinte interactivo poderedes ordenar as diferentes fases ou procesos que conforman a Aprendizaxe Baseada en Proxectos: