Modelos e metodoloxías
Enfoques metodolóxicos
É preciso, tamén, ter sempre presente o concepto de competencia, xa tratado anteriormente neste bloque. Como xa sinalou a OCDE no 2002, dito concepto fai referencia á capacidade de responder a demandas complexas e de levar a cabo tarefas diversas de forma adecuada. Supón unha combinación de habilidades prácticas, coñecementos, motivación, valores éticos, actitudes, emocións e outros compoñentes sociais e de comportamento que se mobilizan conxuntamente para lograr unha acción eficaz (OCDE, 2002).
Así, debemos entender que unha competencia considerarase adquirida cando o alumnado poña en marcha os mesmos recursos que necesitaría activar ao realizar unha actividade da vida real. E, polo tanto, conseguirase desenvolver unha competencia cando esta se poña en práctica. Sendo, así, de especial importancia o enfoque metodolóxico escollido.