Modelos e metodoloxías
Requisitos do completado
Modelos
Ademais, xa que os modelos median entre a teoría e a práctica do proceso de ensino-aprendizaxe, pódese tamén establecer unha clasificación en relación á súa aplicación e as teorías de aprendizaxe:
- Modelo tradicional transmisivo: Ensinanza directa, ríxida, coa figura docente como base da ensinanza a imitar e obedecer.
- Modelo tecnolóxico: Relacionado coa eficiencia, o conductismo e a ensinanza programada.
- Modelo constructivista: Baseado na creación de significados por parte do alumando mediante as súas propias experiencias.
- Modelo colaborativo: Baseado no traballo compartido mediante dinámicas de traballo en grupo.
Cabe destacar tamén, dentro da nosa comunidade autónoma o Modelo de Enriquecemento para toda a Escola (SEM) de Renzulli e Reis, xerme do actual programa SEMGAL.
Como vemos, existen multitude de modelos e autores. E cada un dos modelos precisa dunhas directrices para levarse a cabo, polo que precisará da creación dun sistema metodolóxico didáctico. Deste xeito, dentro dun mesmo modelo poden ter cabida diferentes metodoloxías e non unha única.