Modelos históricos

Pero antes de afondar nos diferentes enfoques metodolóxicos, faise preciso comezar nun chanzo superior, os modelos. A educación ten que facer fronte aos constantes cambios que se producen na sociedade e os modelos poden aportar as bases para adaptarse a ditos cambios. Así, podemos atopar múltiples autores que aportaron e aportan modelos e métodos que permitan consolidar a calidade das prácticas docentes.

Por exemplo, Medina (2011) destaca aqueles que historicamente profundaron no proceso educativo:

  • Modelo socrático: Síntese integrada de formas de saber e actuar con gran presencia da pregunta docente. Esixe dunha reciprocidade permanente entre docente e discente.
  • Modelo activo situado: Xerado dende o protagonismo do alumnado, polo que require dunha gran implicación pola súa parte.
  • Modelo socio comunicativo: Plena relación comunicativa entre docente e discente. Centrado no diálogo e desenvolvemento de novas comunicacións.
  • Modelo colaborativo: Centrado no traballo en equipo e a ecoformación. Require da realización de tarefas compartidas e do desenvolvemento en empatía e colaboración. Protagonismo entre iguais.
Vostede completou o 100% da lección
100%