Para saber máis: as revoltas do campesiñado
O agrarismo e a rebeldía do pobo

No podcast "A nosa terra é nosa", Eladia e Rosa están na saída dun mítin agrarista.
No Apuntamento histórico ou telexornal de noticias , escoitaches que os labregos, por vez primeira, se organizan en sociedades e sindicatos agrarios para mellorar as súas condicións de vida. Estaban fartos de vivir miserablemente, pagando foros e traballando arreo unhas terras que pertencían aos señores.
A actitude rebelde, a solidariedade e o esforzo colectivo amosado polo campesiñado durante máis de dúas décadas conseguiron que se aprobase o decreto de redención foral. Aconteceu en xuño de 1926, durante o goberno de Primo de Rivera. Permitiu que os labregos fosen donos das súas terras mediante o pagamento dunha indemnización.
Na seguinte páxina, pica no mapa para coñecer un pouco máis dalgúnhas das máis sonadas revoltas que tiveron lugar nestes anos en distintos puntos do país.