¿QUE IMOS PLANTAR?
Requisitos de finalización
Ha obtenido 0 punto(s) sobre 0 hasta ahora.
PARADES EN CRESTALL
"Parades en Crestall"
É un tipo de horta ecolóxica proposta por Gaspar Caballero de Segovia que se usa en moitas escolas.
Esta proposta pretende aproveitar ó máximo as vantaxes da rotación e combinación de cultivos.
Para aplicala a nosa horta ten que esta dividida en catro parcelas.
En cada parcela cultivamos unha combinación de plantas moi favorable.
Pero no vindeiro curso imos rotar as plantacións: o tipo de plantas que plantamos na parcela 1 pasará á parcela 2, os da parcela 2 á parcela 3, os da parcela 3 á parcela 4, e os da parcela 4 á parcela 1. E cada ano faremos o mesmo.
Haberá uns cultivos para o outono-inverno e outros para a primavera-verán.
A continuación tes un mapa dos nosos cultivos.
En azul tes uns nomes complicados que son os das familias. As familias agrupan a vexetais que teñen cousas en común entre si.
A HORTA DE OUTONO
| SOLANÁCEAS PARCELA 1 | UMBELÍFERAS allos LILIÁCEAS PARCELA 3 |
| LEGUMINOSAS chícharos, fabas, tirabeques CRUCÍFERAS grelos, coliflor, repolo, brécol PARCELA 2 | COMPOSTAS QUENOPODIÁCEAS acelgas, espinacas CUCURBITÁCEAS PARCELA 4 |
A HORTA DE PRIMAVERA
| SOLANÁCEAS tomate cherry, pementos PARCELA 1 | UMBELÍFERAS apio, apio-nabo LILIÁCEAS cebolas, allo porro PARCELA 4 |
| LEGUMINOSAS xudías CRUCÍFERAS rábanos nabos PARCELA 2 | COMPOSTAS leituga QUENOPODIÁCEAS remolacha CUCURBITÁCEAS cabaciño, pepino PARCELA 3 |