¿QUE IMOS PLANTAR?
Requisitos do completado
Obtivo 0 punto(s) de 0 punto(s) ata agora.
UN MONTÓN DE POSIBILIDADES
¡Hai tantas posibilidades! ¿Como decidir?
Criterios para escoller
No noso caso temos unha limitación clara: a duración do curso escolar. Comezamos na metade de setembro e rematamos a finais de xuño. Iso quere dicir que nos saltamos unha estación que sole ser importante para as hortas: o verán.
Pero non pasa nada, podemos aproveitar a nosa horta no resto das estacións. Para facer isto temos que escoller plantas que teñan un ciclo de vida que se poda desenvolver entre o outono e a primavera.
A ser posible escolleremos plantas cun ciclo corto (é dicir que crezan rápido) para que no curso escolar nos de tempo a plantalas, velas crecer e recollelas.
A proposta é que fagamos dúas plantacións:
- Unha de outono inverno,
plantando en outubro e recollendo ata o principio da primavera. Poden ser: chícharos, fabas, tirabeques, grelos, repolo, brécol, coliflor, nabos, allos, acelgas e espinacas.
- Outra de primavera,
que plantaremos canto antes para que as plantas completen o seu ciclo antes de que cheguen as vacacións. Poden ser: tomates, xudías, rábanos, nabos, apio, cebolas, allo porro, leituga, remolacha, cabaciño, pepino.
Para tomar as decisións temos que ter en conta o clima da nosa zona para ver que plantas se adaptarían ben a esas condicións.
Quizais vai ser necesario que falemos con agricultores e agricultoras da zona. Son as persoas que saben mellor os vexetais que crecen mellor coas nosas condicións climáticas.
Tamén teremos que ter en conta a calidade do noso solo, pero tamén é certo que imos facer todo o posible por mellorar a súa fertilidade.
Hai outro factor a ter en conta. Entre as plantas que escollamos temos que incluír aquelas que son autóctonas, é dicir, aquelas que son propias dos solos e do clima de Galicia. Estas plantas van necesitar menos cuidados porque non teremos que facer un traballo extra para proporcionarlles as condicións que teñen no seu clima orixinal.
Este é o caso do grelo.
ABONOS VERDES
Tamén temos que pensar se queremos plantar algunhas plantas que non sexan para consumir, senón para enriquecer o solo. Falamos delas no apartado da fertilización ¿lembralo? Son os chamados abonos verdes.