Ha obtenido 0 punto(s) sobre 0 hasta ahora.

A ROTACIÓN DE CULTIVOS


¿QUE É ROTAR OS CULTIVOS?


É variar o tipo de planta cultivada nunha parcela.


Faise para evitar o esgotamento de nutrientes do solo e tamén para evitar que crezan demasiadas herbas silvestres.




CULTIVO

O AGOTAMENTO DO SOLO


As distintas plantas teñen preferencia por distintos tipos de nutrientes.


Por exemplo as plantas que teñen follas moi grandes precisan moito nitróxeno, mentras que aquelas nas que a raíz crece moito (porque nelas almancenan reservas como a pataca e a cenoura) precisan moito potasio.


Se sempre plantamos a mesma especie na mesma parcela imos esgotar eses nutrientes.


As raíces tamén son de distintos tipos e collen os nutrientes a distinta profundidade no solo. Se sempre cultivamos o mesmo tipo de planta esgotamos os nutrientes dunha parte do solo.




A PROLIFERACIÓN DE HERBAS SILVESTRES

Como falábamos na asociación de cultivos hai plantas que se benefician mutuamente. Ás herbas silvestres tamén teñen as súas amigas preferidas entre as plantas da nosa horta. Se repetimos cultivos nunha parcela favorecemos que se instalen cómodamente nelas dándonos un pouco de traballo extra!




¿COMO ESCOLLER QUE CULTIVOS ROTAR?

Atendendo ás explicacións anteriores alternaremos:

- Plantas de distintas familias.
Porque as súas necesidades e as súas plagas e enfermidades suelen ser distintas.

- Plantas que requiran distintos nutrientes.

- Plantas das que se aproveitan distintas partes (raíz, follas, tallos, froitos, sementes).
Porque necesitan distintos tipos de nutrientes.

- Introducir plantas leguminosas.
Porque aportan nitróxeno ó solo.

Ha alcanzado el 100% de esta lección
100%