¿QUE IMOS PLANTAR?
Requisitos de finalización
Ha obtenido 0 punto(s) sobre 0 hasta ahora.
A ASOCIACIÓN DE CULTIVOS
OBSERVA A NATUREZA
Cando observas as plantas nun medio natural ¿están separadas en grupos de plantas iguais? ¿ou están mesturadas unhas con outras?
O normal é que as plantas convivan unhas con outras. Incluso nos lugares que predomina unha especie esta sole estar acompañada por outras.
¿COMO CONVIVEN AS PLANTAS?
Xa sabes que as plantas precisan do ar, da luz do sol, da auga e das sales minerais. Cada tipo de planta ten distintas estratexias para conseguir o que precisan. Un exemplo sería estender moito as follas para captar a luz do sol, ou crecer moi alto para poñerse por riba doutras. O mesmo acontece coas raíces, algunhas van en profundidade, outras esténdense moito.
Cando as plantas están xuntas pode ser que as súas estratexias sexan compatibles e non se prexudiquen. Noutros casos poden competir entre elas. Pero tamén é posible que se beneficien mutuamente.
A COMBINACIÓN DE CULTIVOS
Os agricultores e agricultoras aprenderon que hai plantas que se benefician mutuamente cando se cultivan na mesma parcela.

É un xeito máis de facer unha agricultura inspirada na natureza e respectuosa con ela.
OS BENEFICIOS DAS ASOCIACIÓNS
Cando escollemos unha boa combinación de plantas os beneficios que se producen son de moitos tipos. Imos ver algúns:
1. Aproveitar mellor a luz do sol e impedir que esta chegue ó solo estimulando a xerminación de herbas silvestres.
Neste caso combinamos plantas que crecen en vertical (apoiadas en varas como as xudías) con outra de crecemento máis horizontal (como os calabaciños). Como xa vimos ó falar das herbas silvestres esta é unha estratexia para limitar o seu crecemento.
2. Aproveitar mellor os nutrientes.
Isto faise combinando plantas con raíces distintas, por exemplo as que van máis profundas con aquelas que crecen máis preto da superficie. Deste xeito aprovéitanse os nutrientes de distintas partes do solo.
3. Aproveitar sustancias beneficiosas producidas por outra planta.
Hai plantas que teñen raíces que liberan no solo algunhas sustancias que son boas para outras. É o caso das plantas leguminosas que liberan nitróxeno no medio, un nutriente moi importante para moitos cultivos de horta!
4. Protección ante pragas e enfermidades.
Algunhas plantas segregan polas súas follas sustancias que repelen ou prexudican ás pragas que poden afectar a outras plantas. É o caso da cenoria e o allo porro, que se protexen mutuamente do ataque dun determinado tipo de mosca. Tamén algunhas plantas aromáticas fan esta función.
AGORA A BUSCAR BOAS ASOCIACIÓNS PARA A NOSA HORTA!