Vous avez jusqu'ici reçu 0 sur un maximum de 0 point(s).

INTEGRANDO A HORTA NO INSTITUTO


Á hora de escoller o lugar onde imos facer a nosa horta temos que ter en conta que vai ser un elemento máis entre todos os que forman o noso centro: edificio coas aulas, pistas deportivas, zonas de recreo, zonas de paso, etc.


A horta non debe prexudicar ningunha das actividades que se realizan no centro e tampouco debe  obstaculizar zonas de paso ou de recreo.


Debe estar a unha distancia das aulas que nos permita falar e comunicarnos cando traballamos nela sen molestar ós compañeiros e compañeiras que están nas aulas.

Ademais debe estar cerca dunha billa ou unha fonte para poder coller facilmente a auga para o rego.

Dado que teremos que ir con frecuencia para coidala e desfrutar dela, o acceso debe ser fácil, incluso para as persoas con límites na súa mobilidade.

Temos que ter en conta que o compost non debería estar moi cerca das aulas. Se facemos todo correctamente o compost non ten un cheiro desagradable, pero temos que deixar marxe ós errores.