Obtivo 0 punto(s) de 0 punto(s) ata agora.

¿ONDE A POÑEMOS? TRABALLO EN GRUPO


Agora que xa sabemos que tipo de horta queremos, chega o momento de deseñala.


O primeiro paso é decidir onde imos poñela.

É un momento moi importante, porque o lugar onde a poñamos pode influír no éxito do noso traballo. Ademais hai que ter en conta que non é doado cambiar unha horta de sitio, por iso hai que tomar ben esta decisión.



É necesario ter moitas cousas en conta. Todo o noso coñecemento sobre a vida das plantas ten que estar presente á hora de escoller o lugar. Por iso este é unha actividade para facer en grupo.

Todos e todas imos poder facer achegas a esta creación colectiva.

A continuación tes os pasos que tes que seguir para escoller cos teus compañeiros e compañeiras a localización da horta.