LOCALIZACIÓN DA HORTA
Completion requirements
You have earned 0 point(s) out of 0 point(s) thus far.
¿TEMOS ESPAZO PARA TODO? O TAMAÑO DA NOSA HORTA
ESPAZO DISPOÑIBLE NO NOSO CENTRO
O primeiro que temos que facer é ver canto espazo está libre no noso centro e canto podemos ocupar. Se é pequeno temos que axustarnos. Se é grande déixanos máis posibilidades abertas, así que seguimos adiante coa nosa decisión.
NÚMERO DE ALUMNOS E ALUMNAS IMPLICADOS NO PROXECTO
E TEMPO DISPOÑIBLE
A horta require un traballo físico e tamén unha atención e coidados continuados. Por iso o tamaño ten que ser adecuado para que o traballo non sexa excesivo e poidamos coidar ben da nosa horta.
A proposta para a nosa horta é de 4 bancais (máis adiante comprenderás o motivo).
Así que agora toca utilizar as matemáticas para decidir a superficie.
ELEMENTOS QUE VAI TER A NOSA HORTA
Ademais de ter espazo para os bancais e os camiños que os rodean temos que contar co lugar para os montóns de compost. Se decidimos facer un sementeiro, unha caseta para ferramentas e unha estación meteorolóxica temos que dispoñer dun espazo máis grande.
Por último non estaría mal deixar un espazo libre onde a clase se poida sentar co profesor ou profesora para ter algunhas clases ó lado da horta (sempre que o tempo o permita). Se a nosa horta está ben coidada pode ser un lugar moi agradable para estar.
Para os montóns de compost tedes que contar que cada un vai ter un diámetro aproximado de 1.5 metros.
A DECISIÓN FINAL
O mellor é empezar sempre por unha horta pequena para adaptarnos a este novo traballo e ir desenvolvendo as nosas capacidades.
Pero é importante deixar aberta a posibilidade de ir facéndoa máis grande a medida que nos habituamos e descubrimos cuanto nos gusta.
Así que tendo en conta todos estes factores imos xuntarnos en pequenos grupos e cada grupo vai facer unha proposta dicindo o número de bancais que considera necesarios, e tamén dos elementos que lle gustaría que tivera a horta.
Estas propostas teñen que estar xustificadas e vanse publicar no foro. Despois xunto co profesorado tomarase a decisión.
Na páxina principal deste tema tedes un foro dispoñible para as vosas propostas.