O CLIMA
Requisitos do completado
Obtivo 0 punto(s) de 0 punto(s) ata agora.
A CHOIVA E O REGO

A CHOIVA
A AUGA NAS PLANTAS
A auga é fundamental para todos os seres vivos, sen ela non hai vida.
As plantas precisan a auga para a súa nutrición:
- Nas follas a auga é necesaria para face a fotosíntese.
- Nas raíces a auga é necesaria porque os minerais absórbense disoltos na auga.
O percorrido da auga nas plantas
A auga entra na planta polas raíces cos minerais disoltos. A esta auga con minerais disoltos chámaselle zume bruto. Sube polas raíces e os tallos por uns condutos e chega ata as follas, onde a planta usa a auga e as sales minerais, xunto co CO2 para facer materia orgánica, gracias ó proceso da fotosíntese. Para este proceso a planta necesita a enerxía que lle da a luz do sol.

A evapotranspiración
Pero gran parte desa auga, ata un 98%, sae á atmosfera polos estomas das follas.
¿Sabes por que?
O motivo é que esa auga se usa para transportar as sales minerais desde as raíces ata as follas, así que é un medio de transporte, e so unha pouca pasa a formar parte da materia da planta.
É como se transportamos alimento e botellas de auga usando unha barca que vai por un río. A auga aproveitada pola planta sería a que vai dentro das botellas. A auga do río é a que entra polas raíces e sae polos estomas.
Cando unha planta está no seu clima o réxime de choivas suele facer as achegas necesarias para o seu desenvolvemento.
Pero na nosa horta imos ter plantas procedentes de distintas zonas climáticas, así que moitas veces teremos que regar para facer as funcións da choiva.
Ademais a humidade é importante para a vida no solo.
As bacterias e os fungos necesitan auga para vivir e facer as funcións que tanto van axudar ás nosas plantas.
Regar é algo moi delicado. As plantas necesitan auga, pero en exceso é prexudicial para elas. O que é necesario é que o solo teña un certo grado de humidade.
CANDO A AUGA NON É SUFICIENTE
O que ocorre é que as follas pechan os seus estomas e así evitan perder auga. Se os estomas están pechados a fotosíntese non sucede e a planta non crece.
E se fai calor é posible que a planta se deshidrate e se seque.
CANDO HAI EXCESO DE AUGA
A auga ocupa o lugar do aire entre os pequenos grumos de arxila e humus. Entón as raíces non teñen osíxeno para respirar e apodrecen.
O exceso de auga arrastra as sales minerais e as afasta das raíces.
Ó levarse as sales minerais o complexo arxiloso-húmico perde consistencia e comeza a degradarse.
Por último un solo excesivamente húmido favorece que aparezan algunhas enfermidades, especialmente as producidas por determinados tipos de fungos.