Obtivo 0 punto(s) de 0 punto(s) ata agora.

O CLIMA E AS PLANTAS


Quizás saibas que os homes e as mulleres que se dedican á agricultura están sempre pendentes do tempo que vai facer. ¡Son as persoas máis expertas en meteoroloxía! Dende tempos moi antigos aprenderon a observar e a predicir as incidencias no tempo que poden afectar ás súas plantas.



¿Por qué o clima é tan importante para as plantas?


Como xa sabes no planeta hai moitos climas distintos. As plantas silvestres de cada lugar están adaptadas ó clima desa zona. Iso quere dicir que crecen nas mellores condicións. Quizais viaxaches a lugares con climas distintos do noso e viches que alí a vexetación é moi distinta da nosa.



O ciclo de vida das plantas e o clima

Ademais o ciclo de vida das plantas está adaptado ás variacións do clima coas estacións do ano:
  • As sementes brotan no momento máis idóneo para vivir (os xermolos son moi delicados e precisan unhas boas condicións climáticas).
  • Crecen e se fortalecen para ter enerxía para producir flores.
  • Despois das flores producen os froitos que levan as sementes.
  • Cando as sementes están preparadas despréndense da planta nai.
  • A planta morre ou prepárase para un novo ciclo de floración e producción de sementes.

As plantas que están no seu clima precisan de poucos coidados.


Pero nas hortas non so plantamos plantas do noso clima. Tamén plantamos outras que veñen doutros climas.

Cando isto é así por unha parte a planta adáptase un pouco ás novas condicións, pero non é suficiente, a persoa que coida delas ten que ocuparse de

crear unhas condicións parecidas ás do clima orixinal.




¿Como se fai isto?

Algunhas das labores agrícolas están destinadas a dar ás plantas o que no seu lugar de orixe lles da o clima.

Un exemplo é regar. Cando regamos estamos substituíndo á choiva.

Outra pode ser escoller o lugar máis soleado ou o máis quente da horta para algunhas plantas que precisan máis calor; ou escoller un lugar máis sombreado; ou protexer con palla ou con plásticos algunhas plantas que poderían morrer co frío.

E algo moi importante é escoller en que época do ano hai que plantar cada planta, para que as nosas estacións favorezan o seu ciclo de vida.



Por iso os agricultores e agricultoras non so teñen que coidar do solo, tamén teñen que prestar atención ó clima e facer o necesario para que se pareza ó clima ó que pertence a planta.



A continuación imos ver como afecta o clima as plantas e que cousas teñen que facer as persoas que coidan das hortas para compensar as condicións climáticas.