Vous avez jusqu'ici reçu 0 sur un maximum de 0 point(s).

A TEMPERATURA E A LUZ DO SOL



A TEMPERATURA


Este é un factor moi importante.

As plantas que veñen de zonas quentes so crecen ben cando fai calor.

As que veñen de zonas frías non soportan o calor.

Outras precisan pasar por temporadas máis frías e outras máis cálidas porque no seu lugar de orixe as estacións son contrastadas.



Polo tanto na nosa horta haberá plantas que so poderemos plantar en primavera e verán.

É o caso dalgunhas moi coñecidas: tomates, pementos, sandía.


HORTALIZAS



Outras plantas son orixinarias de países máis fríos e poderemos cultivalas en outono e inverno.

É o caso de plantas como o brécol, a coliflor e os grelos).


GRELOS


Pero a temperatura e que non so afecta ás plantas, tamén afecta ó solo.


As temperaturas altas estimulan a vida no solo.

Por iso cando na nosa terra chega a primavera e os días e as noites empezan a ser máis cálidos, a actividade vital no solo faise máis intensa.

É o caso dos microorganismos descompoñedores (é como cando sacas algún produto fresco da neveira, ¡o mofo sae enseguida!).

A consecuencia da maior actividade dos organismos descompoñedores é que no solo libéranse máis nutrientes e as plantas, que tamén se volven máis activas polo calor, teñen máis alimento para crecer.


PRIMAVERA

É o despertar da primavera.




En cambio, cando nos achegamos ó outono sucede o contrario.

As temperaturas van descendendo e a actividade no solo diminúe.

Os organismos descompoñedores traballan menos e hai menos nutrientes dispoñibles para as plantas.



OUTONO

Son tempos de menor crecemento.




Todo isto que dicimos para o solo pódese aplicar ó noso compost.

Cando as temperaturas son altas o proceso de "humificación" prodúcese con maior rapidez.




SOL

A LUZ DO SOL


¿Por que a luz do sol é importante para as plantas?

¿Lembras as duas formas de alimentarse que teñen?

As plantas toman unha cantidade maior de materia polas follas que polas raíces. Toman o CO2 que transforman en materia orgánica gracias á fotosíntese.


Para facer a fotosíntese as plantas precisan a luz.




Así que agora podemos facernos a seguinte pregunta:


¿Ó longo do ano recibimos sempre a mesma cantidade de luz do sol?

Pola túa experiencia xa podes responder esta pregunta: ¡Non!

Hai épocas do ano no que hai máis horas de luz.
Tamén sabes que nesas épocas o sol quece máis, a súa luz é máis intensa.

Así que temos dúas cousas importantes sobre a radiación solar (na ciencia este é o nome que lle damos á luz do sol):

- O tempo de luz solar en cada día.
- A intensidade da radiación.


Por iso as plantas crecen máis en primavera e verano. Fan a fotosíntese durante máis tempo e, como a intensidade da luz é maior, en realidade estalles chegando máis enerxía.

Como podes ver para o crecemento das plantas na horta a luz solar é importantísima.

Por iso á hora de escoller o terreo onde vai estar é mellor escoller a zona máis exposta ó sol.




SOMBRA

A SOMBRA NA NOSA HORTA

Outro factor a ter en conta é que hai algunhas plantas que son sensibles á radiación solar directa. Ocórrelles un pouco como á nosa pel, se reciben directamente a luz do sol quéimanse. ¡Pero ás nosas plantas non podemos botarlles protector solar! Por iso é bo ter algunha zona de sombra na horta.

Pero os agricultores e agricultoras teñen moita creatividade,


¿sabedes que inventaron para dar sombra as plantas?

Entre as plantas que precisan da luz directa do sol cultivaron plantas máis pequenas pero que precisan sombra. Así nun mesmo espazo combinan dous cultivos que se favorecen mutuamente.



A LUZ DO SOL E A TEMPERATURA

Agora que sabes todo isto podes ver como a temperatura e a luz do sol van moi asociadas e dependen moito das estacións. Delas van depender algunhas decisións importantes que temos que tomar na nosa horta.