Gesamtpunktzahl: 0 / 0

OS ABONOS VERDES




¿QUE É ISO DOS ABONOS VERDES?

EU FAGO O MELLOR QUE PODO

Na horta podemos cultivar plantas que non comeremos nos, senón que van ser para fertilizar o solo.

É dicir, facemos un ciclo de cultivo no que non retiramos as plantas para o noso consumo senón que as deixamos no lugar para que entren no ciclo da materia orgánica.

Así que cando chegue o momento imos cortar estas plantas, deixalas secar sobre a terra e enterralas un pouco para que sexan descompostas polos organismos descompoñedores.

Como ves os abonos verdes van seguir todo o proceso dixestivo das plantas, e van ser unha excelente fertilización do solo.

Cando teñamos que deixar unha parcela sen cultivar, os abonos verdes son unha boa idea, porque ademais de fertilizar van protexer o solo dos axentes climáticos e van permitir que a vida do solo sega os seus ciclos.
Sie haben 100% der Lektion erledigt
100%