O SOLO
Requisitos do completado
Obtivo 0 punto(s) de 0 punto(s) ata agora.
O NOSO AMIGO O SOLO

O NOSO AMIGO O SOLO
Quizais te sorprenda que diga que o solo é o noso amigo.
Apesar de estar tan perto, o solo é un gran descoñecido.
A súa importancia para o planeta e os seres vivos é enorme. 

Comprenderás isto a medida que o vaias coñecendo mellor.

LEMBRANZAS
Agora vouche pedir que peches os ollos e lembres os anos da túa infancia.
¿Era divertido xogar coa terra?
¿Lembras as sensacións que tiñas cando metías as manos nela, e cando investigabas para descubrir todos os bichiños que alí vivían?
Quizais incluso lembres o seu sabor, ou como mínimo o seu cheiro.
Parece que para a maior parte dos nenos e nenas do mundo a terra é unha gran fonte de diversión. Cando vemos a un neno ou a unha nena coa roupa toda manchada de terra en seguida pensamos que ven de pasalo moi ben!
Se tes boas lembranzas do solo quizais teñas mais ganas de saber cousas del.
¿QUE É O SOLO?
O solo é a capa máis superficial da codia terrestre, e está composto por unha mestura de restos minerais e materia orgánica.
É importantísimo para as plantas e a agricultura, así que temos que coñecelo ben se queremos ter éxito coa nosa horta!