O SOLO
Requisitos de finalización
Ha obtenido 0 punto(s) sobre 0 hasta ahora.
O CICLO DA MATERIA E O SOLO. A FERTILIDADE.
A FERTILIDADE DO SOLO
É a súa capacidade de produción
Depende de:
- A cantidade e variedade de nutrientes.
- A presenza de microorganismos que axudan ás raíces a captar eses nutrientes.
Cada solo ten unha fertilidade natural, pero o ser humano, a través da agricultura, trata de aumentar a fertilidade para ter unha maior produción de plantas.
Nos imos facer o mesmo coa nosa horta, é un aspecto moi importante dentro das labores agrícolas.
Hai distintos xeitos de aumentar a fertilidade do solo. Imos ver os máis utilizados na agricultura tradicional e industrial.
ROTURACIÓN E APROVEITAMENTO DA FERTILIDADE NATURAL
Cando os seres humanos empezaron a cultivar a terra o que facían era aproveitar a fertilidade natural dos solos.
Cortaban as árbores dun bosque e cultivaban o terreo ata que o solo se esgotaba.
Isto facía que os primeiros agricultores tiveran que facer un certo nomadismo, desprazándose a novas terras cando esgotaban a fertilidade dunha zona.
FERTILIZACIÓN CON ESTRUME

Xa desde hai moitos séculos úsase a fertilización con materia orgánica procedente dos excrementos dos animais.
BARBECHO

Nesta técnica déixase descansar o solo durante algún tempo para que se recupere a súa fertilidade gracias ós procesos naturais.
ACHEGA DE NUTRIENTES MINERAIS
Nalgúns casos tamén se fan achegas de minerais pulverizados. Isto equivale ó proceso natural de degradación da rocha nai que da lugar ó solo.
FERTILIZACIÓN QUÍMICA

Despois da segunda guerra mundial (metade do século XX) a industria do armamento tiña moitos excedentes de produtos químicos. Nese momento empezou a destinalos á fabricación de abonos químicos.
Estes abonos aportan ó solo unha gran concentración de elementos minerais. Pero teñen un gran inconveniente. Rompen os ciclos naturais da materia e acaban destruíndo a vida do solo.
MÉTODOS MÁIS USADOS NA AGRICULTURA ECOLÓXICA

Hoxe en día a agricultura ecolóxica usa métodos de fertilización que
tratan de potenciar a vida no solo
e deste xeitofacer que
os ciclos da materia funcionen moi ben
para ter plantas que crezan ben e sexan resistentes ás pragas.
Na nosa horta imos usar dous:
COMPOSTAXE
ABONOS VERDES