Obtivo 0 punto(s) de 0 punto(s) ata agora.

O APARATO DIXESTIVO DAS PLANTAS

APARATO DIXESTIVO HUMANO

¡Non te asustes! As plantas non teñen aparato dixestivo.

Simplemente vou contarche unha metáfora que axuda a entender a importancia dun bo solo para as nosas plantas.

Despois ti poderás axudalas a ter unha boa nutrición.

Para iso precisas saber cales son as partes do aparato dixestivo humano e cal é a súa función.



A BOCAFOLLAS SECAS


Fundamentalmente tritura.

Co alimento da planta isto ocorre na parte máis superficial do solo.

Alí as follas secas e a materia orgánica morta procedente das plantas ou de animais, vaise partindo en pedazos, coa axuda do clima e dalgúns animais.

Algúns animais axudan a esta parte cos seus excrementos, posto que neles atópase materia orgánica que xa pasou por un intenso proceso de triturado.



O ESTÓMAGO MIÑOCAS


Fai a dixestión, que é reducir os alimentos ás sustancias básicas que poden nutrir ao ser vivo.

Para a planta isto ocorre no solo pero un pouco máis en profundidade, onde atopamos a mestura de arxila e humus.

As bacterias e outros organismos descompoñedores rompen a materia orgánica en anacos moi pequeniños que poden ser utilizadas polas plantas na seguinte fase.



O INTESTINOBACTERIAS


No intestino prodúcese a absorción dos nutrientes.

É importante saber que dentro do noso intestino atópanse as bacterias que nos van axudar a asimilar eses nutrientes, son coñecidas como a flora intestinal.

Na planta os intestinos son as raíces.

Son tamén "tubos" pero en lugar de absorber as sustancias que están dentro (como o noso caso) absorben as sustancias que están fora.

As plantas tamén necesitan "flora intestinal", son bacterias e fungos que están moi pegadiños ás súas raíces e fan a descomposición final da materia orgánica para poñer as sales minerais a disposición da planta.



Como podes ver hai moitos elementos que contribúen á alimentación da planta.

Vostede completou o 100% da lección
100%