O SOLO
Completion requirements
You have earned 0 point(s) out of 0 point(s) thus far.
A VIDA NO SOLO
Se non nos fixamos poderíamos pensar que o solo é algo morto. Sen embargo non é así.
O solo está cheo de vida.
Seguro que cando eras unha persoa moi pequeniña e xogabas coa terra descubriches un montón de cousas vivas: plantas, vermes, insectos...

Na natureza todos os seres vivos do solo viven en equilibrio e cumplen importantes funcións tanto na formación do solo como no ciclo da materia orgánica.
- Os vexetais
Como vimos axudan á formación do solo.
Son organismos produtores.
- Os animais
Miñocas, cempés, formigas, escaravellos, arañas, toupas, etc.
Estes cumpren unha importante función porque contribúen á aireación do solo.
Son consumidores e cos seus excrementos e os seus restos tamén aportan materia orgánica para a creación do solo.
Algúns deles (como as miñocas e as cochinillas) son tamén descompoñedores porque preparan a materia orgánica para a intervención de fungos e bacterias.
- Fungos e bacterias.
Descompoñen a materia orgánica. Moi importantes para a fabricación do humus e para a liberación das sales minerais para que podan ser absorbidas polas raíces das plantas.
Como podes ver un solo san está cheo e vibrante de vida.