O SOLO
Completion requirements
You have earned 0 point(s) out of 0 point(s) thus far.
O SOLO SAN

O SOLO DA NOSA HORTA
Para a nosa horta queremos un solo que axude ás nosas plantas a crecer.
E precisamente o solo que axuda máis ás plantas no seu crecemento é un solo san.
Agora imos ver en que consiste un solo saudable e como axuda ás plantas.
Como xa sabes as plantas toman as sales minerais do solo. ¿Pero como fan isto se non teñen nen mans nen boca?
Para elo utilizan as raíces, que teñen que estenderse e ocupar un gran espazo, para poder aproveitar as sales que están no solo.
Ademais necesitan auga, porque as sales entran nas raíces disoltas nela.
Así que vemos que as necesidades das plantas son:
- sales minerais
- auga
- un solo que lle permita estender as súas raíces (así que non pode ser excesivamente duro).
A ESTRUCTURA DO SOLO
O solo ten dous elementos:
1. A materia mineral que ven da descomposición da rocha nai.
Pode ser area, limo e arxila. A area é a máis grosa, despois ven o limo e a máis pulverizada é a arxila. Un bo solo ten unha combinación equilibrada das tres e chámase "solo franco".
2. Materia orgánica descomposta polos microorganismos.
Cando na materia orgánica que van descompoñer os microorganismos hay bastantes plantas leñosas e follas secas (como ocorre nun bosque) fórmanse o humus.


O HUMUS
O humus está formado por:
- partículas moi pequenas de materia orgánica (quere dicir que aínda non está totalmente descomposta)
- microorganismos.
Na materia orgánica destas partículas é onde se atopan as sales minerais que son o alimento das nosas plantas.

Son como pequenas despensas
de alimento para plantas.
Nalgún momento os microorganismos van descompoñer esa materia orgánica para liberar as sales minerais.
ARXILA+HUMUS
A combinación máis importante para a nosa horta é a de arxila (a sustancia mineral ben pulverizada) e o humus.
Xuntos forman o mellor solo porque forman unha especie de grumos moi pequenos que teñen unhas características marabillosas:
|